Vigo

De Cine y Filosofía

Jean Vigo é un extraordinario cineasta francés; entre outras cousas, polas condicións nas que fai cinema. Fillo de anarquistas e cunha infancia difícil e precaria, Vigo vai adquirindo os medios para poder facer filmes, ou alomenos, curtametraxes. Os seus filmes son irregulares en canto a duración: entre os 10 ou 20 mim, os 42 min ou 1 h e 20 min. seu filme máis longo. E aínda así, todos eles serán claves para o desenvolvemento posterior do cinema.

Vigo fai filmes con poucos medios, de baixo presuposto, e cunha perspectiva social ben manifesta. A súa "herencia" anarquista, o rexeitameno á excesiva sociedade burguesa, son temas que se amosan nos seus filmes. Vigo está moi preto do documental; incluso o fai con Taris (1931) mais para el hai algo no que se quere diferenciar. É o que chama o punto de vista documentado: "Este documental social diferénciase do documental sen máis e dos noticiarios semanais de actualidades polo punto de vista defendido inequívocamente polo autor. Este documental esixe que se tome postura, porque pon o punto sobre os íes. Senón implica un artista, polo menos implica a un home. Unha cousa vale a outra. O tomavistas estará dirixido ao que debe ser considerado e que, á hora da montaxe, será interpretado como tal documento" (texto de Vigo titulado "O punto de vista do documental").

Jean Vigo influirá decisivamente na nouvelle vague francesa e Truffaut e Godard o nomearán explicitamente como unha das súas fontes fundamentais. Entre outras cousas, Vigo empregaba a realidade cotiá, as situacións case documentais, a contemporaneidade, para confabular cara a ficción, para crear personaxes e situacións fabulosas, oníricas, moi proximas algunhas delas, incluso, ao surrealismo.

Tamén será importante, ou terá relación, o seu cinema, co cinema-ollo do gran Dziga Vertov.

Cero en conducta (1933) será o filme clave que propiciará a primeira obra da nouvelle vague: os catrocentos golpes de Truffaut. Narra a formación dunha insurrección anarquista infantil nun internado. Dende un punto de vista moi documentado, pois entre outras cousas o propio Vigo medrou en internados (a obra é en grande medida autobiográfica) consegue sen embargo o poético, o delirio, a fantasía incluso surrealista xogando co punto de vista da lei. O filme sería tachado en Francia, durante algún tempo, por antipatriota. O que indica tamén o vínculo que aínda se mantiña por aquel entón entre cinema e nación; e de que maneira Vigo estaba ao marxe dese arranxo.

A propósito de Niza Aquí Vigo desenvolve máis o punto de vista documentado; perimitindo certa montaxe sobre as imaxes documentadas e tamén facendo manifesta a perspectiva do autor.