Vertov

De Cine y Filosofía

Baixo o noso punto de vista, un adiantado ao seu tempo. Inaugura sobre o 1920 o cinema-ollo, a medio camiño entre a obxectividade do documental e a subxectividade do que filma, da idea, da perspectiva. Cunha noción absolutamente revolucionaria, desconcertante e innovadora para a súa época (e ainda hoxe!) da montaxe podemos dicir que senta as bases incluso da video-instalación, a performance e a videocreación contemporáneas.

  • O home coa cámara O seu filme O home coa cámara é absolutamente sensacional. Pioneiro do cinema experimental, trátase dun filme que no ano 1929 conta con elementos inesperadamente contemporáneos, que aínda hoxe en día non se empregan: co mesmo talento i eficacia. Os efectos de vídeo, a pantalla partida en dous por veces (tal como está "de moda" hoxe en día nas gravacións contemporáneas), a contemplación dualidade da gravación/visionado, etc. Introducen este filme directamente nos nosos dias como un referente ineludíbel. Que máis se pode dicer? Como se poden facer mellor as cousas? Desposuido xa da liturxia, cunha gravación que se achega ao documental, mais que non se queda no mero documental, senón que fala, di, amosa un punto de vista. Mais certamente: non hai actores, nin ensaios, as imaxes se recollen directamente da vida e do mundo, do que acontece; agora ben, non se queda na suposta obxectividade destas imaxes senón que se permite xogar con elas, expresar, comunicar... distorsionándoas e misturándoas, insertándoas en frases diverxentes de sentido. Incluso podemos atopar imaxes-tempo directas! Gran exemplo delo, xa ao principio: a espera, o suspense dos músicos e o público que se encenda a proxección. Certamente, este filme é: reflexión sobre o cinema ou metacinema, en certo sentido. Mais non deixan de estar xa aí as claves contemporáneas, incluso as claves da performance ou video-instalación (alucinantes neste senso os xogos mediante os que expresa ou dá a sensación de gravacións en tempo real, sobre todo ao final, na escena en marcha sobre coche filmando a comida...); e ademais non se eixa tampouco de amosar, ou abrir esta reflexión a aconteceres propios da época, que quedan retratados con singular proeza e forza.