Truffaut

De Cine y Filosofía

Truffaut é un precursor da nouvelle vague francesa, iníciase na crítica de cinema e de aí pasa á realización con éxito notábel ciuestionando o chamado até entón "cinema de calidade" con grandes presupostos e de grandes narracións. Renoir será para el unha influencia e destaca tamén o súa relación con Hitchcock con quen ten unha interesante entrevista en O cinema segundo Hitchcock na que destaca a importancia deste director á elaboración da imaxe-visual no cinema, o seu carácter de imaxe-relación a involucración que fai do público no filme.

  • Os catrocentos golpes O sistema educativo como rexime penitenciario. O control da desviación e da fuga ao respeito do sistema. O personaxe infantil, o protragonista inocente, a acción por omisión, a historia do que acontece nas coiunturas que nos vixían, clasifican, ordenan, regulan... A educación como prisión e o ansia de liberdade. O cinema francés consolídase como un cinema de mecanismos: sociais, de pensamenteo (surrealismo), entre os que procura a irrupciión do erro, da interrupción, a sinxeleza e o espontáneo fronte a complexidade dispositiva da captura. A incomprensión familiarista, o drama é social, a estratexia de control é social tamén, o complot é distribuuido en redes de inconsciencia, de (i)rresponsabilidades, fronte ás que o neno cobra por veces unha madurez inusual. Os catrocentos golpes inspírase no filme de Jean Vigo Cero en conducta no que xa se desenvolve unha noción de documental-ficción importante, de tal modo que un e outro non están reñidos, senón que a propia descripción da realidade que acontece (socialmente, historicamente...) contribúe directamente á fábula ou confabula novas forzas ás comunmente aceptadas.
  • O pequeno salvaxe Civilización-incivilización. A cuestión do afora. A presión e captura da sociedade. A bondade da inclusión ás veces é demasiado paternalista. E o cinema francés non deixa de investigar estas cuestións. A educación e os mecanismos de aprendizaxe tan explícitos nesta obra. a espontaneidade fronte ao sistema. O inclasificábel. O acéfalo. O enigma de Gaspar Hauser de Herzog. A re-forumlación dos ideáis ilustrados. O seu poso. A súa (in)utilidade.