Tarkovski

De Cine y Filosofía

Sen dúbida Tarkovski é un dos cineastas clave do século XX. Polo modo que ten de saírse, fugarse dunha sorte de hexemonía rusa do filme. Contacta pola contra co cinema europeo, cun cinema euripeo ben peculiar: o cinema de Bergman, Bresson, ou Kurosawa por outra banda. En Tarkovski esta esta loita: en Andrei Rublev, por conquistar unha espiritualidade que non é dócil co poder constituido, por darlle alento ao alma e ao seu tempo. Efectivamente, Tarkovski, como poeta do cinema, introduce, ao seu modo, a imaxe-tempo. Quizais o sorprendente é que o fai un pouco ao marxe das teses deleuzianas sobre a imaxe-tempo e a súa aparición e emancipación. En Tarkovski a imaxe non precisa tanto de sonsignos nin opsignos para emanciparse da acción e do movemento. Ao aludir ao espiritual, ao cargar as imaxes e as tramas doutro desenvolvemento que non é propiamente a acción nin a súa causa-efecto... Tarkovski introdúcese nos abeiros do filme, crea novas estancias e territorios habitábeis, bebe dunha extraordinaria pobreza de paraxes que nos deixa atónitos. Tarkovski cuestiona a modernidade e a contemporaneidade industrial, política, cultural, ética do ser humano, cunha atemporalidade das actitudes, das vidas, dos motivos... que nos falan directamente. A imaxe-tempo a crea Tarkovski mediante a poesía e a enorme carga espiritual das súas tramas.

  • Solaris para moitos a resposta soviética ao filme de Kubrick 2001, odisea no espacio. Mais Tarkovski afirma que é o seu menos logrado filme, que cae preso ainda das premisas da ciencia ficción, que non evoca esa atemporalidade do espírito que busca nos seus outros filmes. Certamente, Solaris non deixa de ser unha evocación da forza vital, onírica, desexante, case ao estilo de Buñuel a quen tamén admira Tarkovski. O filme ten connotacións psicoanalíticas quizais xustamente onde delatan o estructuralismo do que ainda bebe este filme. O mar aparece como materialidade primixenia do desexo e da súa potencia de realización.
  • El sacrificio: esta espiritualidade non é moderna. A tensión dun día, a recuperación da temporalidade arsitotélica cunha atemporalidade onírica. Distorisión da causa-efecto e desenlace desexante, maníaco tamén, delirante, esquizofrénico.