Resnais

De Cine y Filosofía

A importancia da memoria. O cinema como recordo... ou como esquecemento? A pantalla como superficie de rexistro, de impresión, documental... ou ben a súa capacidade de fuga, de evasión, onírica, recreativa? Resnais xoga esta ambivalencia e cuestionamento constante. Resonancia entre as puntas do presente a as capas de pasado. O presente vese continuamente amenazado por un pasado que cambia a súa potencia. Non podemos pensar o futuro nin o presente sen o pasado. Mais tamóuco podemos pensar o pasado sen o presente; pois tamén o condiciona e o fabrica de novo.

  • Hiroshima mon amour: A narración indirecta é clave tamén no desenvolvemento de Resnais pois lle permite xogar e habitar a distancia da memoria con respecto á imaxe-acción. Esta diferencia acentúase moitísimo coa colaboración de Margarite Duras na elaboración poética do guión.
  • Van Gogh O documental sobre o pintor transfórmase en recreación viva e delirante da súa obra para o cinema. Xogo entre a imaxe pictórica e a imaxe-movemento que lle permite a Resnais dar xa unha versión da imaxe-tempo pois ao cabo non se atopa acción propiamente na pintura (non máis que implicitamente...). De novo a DISOCIACIÓN de imaxe e voz (en off) ten un papel fundamental ao abrir un diferencial habitábel ou ENTRE cunha temporalidade propia alén da imaxe-movemento.

Resnais será clave para a Nouvelle vague francesa polo seu tratamento austero de recursos, o bucle realidade/ficción co achegamento ao documental, historias parciais, etc.

  • Entrevista a Resnais sobre a súa filmografía e o seu estilo. Ante a estrañeza que producen os seus filmes e o desconcerto por pouco convencionais o director quere dar liberdade ao espectador a elaborar a súa propia lectura do filme. Na pregunta: está o cinema morto ou está ainda por nacer? (contesta) -continúa fluindo coma un río. É sobre esta cuestión (non tanto sobre a súa resposta) que se constrúe precisamente a Nouvelle Vague.
  • Providence Unha cinta xa moi madura de Resnais na que o director xoguetea co surrealismo. Moito máis asentada a historia, as personaxes intercambian as súas relacións e se relativiza constantemente a fondura do amor, o odio e a fidelidade. A propia historia, como a vida, quedan no suspense da ficción, o presente é inconsistente no cinema, igual que a nosa integridade na corrente da memoria.