Renoir

De Cine y Filosofía

En A regra do xogo Renoir afirma explicitamente ao comezo, como introducción, que a súa procura non é naturalista. Que se no filme se amosan refrexados personaxes e actitudes cotiás, incluso sociáis, non é para retratar unhas costumes, senón que máis ben, procura activar unha sorte de imaxinario. Por iso, dinos Renoir, os personaxes son imaxinarios, e tras deles, a pesar do enfoque realista do filme, evócase alén da sociedade de facto, ben unha crítica á mesma, ben unha virtualidade, unha utopía. Sen embargo, para entrar nese clima delirante, caótico e case tráxico que se vai creando en A regra do xogo Renoir si que parte en grande medida do imaxinario naturalista e costumbrista, claro está que para saír del e amosar unha inquietude interna ao mesmo, un desbaraxuste brutal, trala apariencia de clase da época que é o que remata case por construir a traxedia sobre o grupo. É familiar neste senso aos enfoques de Buñuel en filmes como El discreto encanto de la burguesía ou mesmo en El ángel exterminador. Por iso, cando falamos nestes arquivos de Buñuel como naturalista, non o facemos neste senso de costumbrista.

  • A besta humana Retrato dunha personaxe marxinal cun pasado estraño marcado pola loucura e o alcolismo na súa familia e polo tanto na súa xenética. Tráxica historia de amor que recorda unha actualización do relato de A Bela e a Bestia... Certamente Renoir cambio o rexistro do cinema clásico e se pon a falar de feitos marxinais, de heroes que non o son tanto, que pertencen á clase baixa, etc. Ademais debuxa o amor e as relacións afectivas nestas clases con moita máis coherencia e paixón do que acontece nas supostas clases altas. Aínda así, hai certo tratamento desigual do xénero, así como unha aceptación da xenética na loucura moi dubidosa hoxe en día.
  • Os baixos fondos As clases baixas da sociedade teñen sen embargo máis clase, estilo, honestidade, carácter (no sentido de Welles por exemplo) que as clases altas, baleiras e inocuas. De novo o circuito marxinal-clase alta, e a súa diferencia sustancial de caráctar, fai delirar as situacións e á propia sociedade, nunha espiral ben interesante e en grande medida surrealista.

Por este tratamento e atención ás clases baixas e marxinais e por facer estes retratos non en prol dun realismo ou costumbrismo/naturalismo, senón a favor dunha nova ficción que poboa igualmente a realidade, Renoir será unha influencia decisiva para a nouvelle vague francesa da segunda metade do século XX.

"É típico da nosa época. Agora todo o mundo minte. As farmacias, os gobernos, a radio, o cinema, os xornais. Como non imos mentir os particulares?" nun dos diálogos finais en A regra do xogo; o que anticipa en certo sentido a Welles e a nouvelle vague.