Punto de vista documentado

De Cine y Filosofía

Cinema: ficción ou realidade? Non se poden acaso combinar ámbalas dúas cousas. Para Godard e a nouvelle vague había que recuperar a igualdade e fraternidade entre ficción e realidade.

Este punto de vista documentado é o que propón Vigo xa polos anos 30, antes das guerras mundiais; de tal modo que a imaxe cinematográfica alén do documental amose cál é a perspectiva do autor; é dicir, que o autor estea implicado, incluso compormetido socialmente. O cinema ofrece unha mediación entre o obxectivo e o subxectivo, entre a poesía e ciencia, que o sitúan nounha posición ambigüa nas artes, mais demasiado influinte, creadora e transformadora como para considerala soamente na súa capacidade de obxectivación.

Vigo escribe O punto de vista documentado:

"Eu quería falarvos dun cinema social máis concreto, e do que me atopo máis próximo: do documento social, ou dito con máis exactitude, do punto de vista documentado. Neste terreo de investigación, afirmo que o tomavistas é o rei ou alomenos o presidente da República. Ignoro se o resultado será unha obra de arte, mais do que si que estou seguro é de que será cinema. Cinema, nese senso no que ningún arte, ningunha ciencia, pode desempeñar a súa función. O señor que fai documentais é ese tipo o suficientemente fraco como para introducirse polo burato dunha fechadura rumana e capaz de filmar ao saír da cama ao príncipe Carol en camisón, admitindo que fose un espectáculo digno de interese. O señor que fai documental social é ese bo home o bastante diminuto como para apostarse debaixo da cadeira do croupier, gran deus do Casino de Montecarlo, o que podedes crerme, non é nada doado. Este documental social diferénciase do documental sen máis e dos noticiarios semanais de actualidades polo punto de vista defendido inequivocamente polo autor. Este documental esixe que se tome postura, porque pon os puntos sobre as íes. Senón implica a un artista, polo menos implica a un home. Unha cousa vale a outra. O tomavistas estará dirixido ao que debe ser considerado e que, á hora da montaxe, será interpretado como tal documento. Por suposto, o xogo consciente non pode permitirse. O personaxe deberá ser sorprendido pola cámara, do contrario hai que renunciar ao valor "documento" deste tipo de cinema. E o fin último poderá darse por alcanzado se se consegue dunha persoa banal e captada ao azar a súa beleza interior ou caricatura, se se consegue revelar o espírito dunha colectividade a partir dunha das súas manifestacións puramente físicas. E isto con tal forza, que a partir de agora a xente que antes pasaba ao noso lado con indiferencia, ofrécese a nós agora a pesar seu e alén das aparencias. Este documento social ten que facernos abrir ben os ollos. A propósito de Niza é só un modesto borrador para un cinema deste tipo. Neste filme, por mediación dunha cidade con manifestacións significativas, asístese ao proceso dunhas certas xentes. En efecto, apenas indicados a atmósfera de Niza e o espírito da vida que alí se leva -e noutras partes tamén, por desgracia!-, o filme tende á xeralización de groseras diversións situadas baixo o signo do grotesco, da carne e da morte, e que son os últimos estertores dunha sociedade abandonada a si mesma até darnos náuseas e facernos cómplices dunha solución revolucionaria".

A propósito de Niza (1930). Imaxes gravadas na propia cidade; amosando o contraste entre ricos e pobres. Os diferentes tipos de ocio, poses, actitudes e condicións que atravesan a cidade case esquizoiemente.