Performance

De Cine y Filosofía

Evidentemente cando Deleuze fai estes estudos (1980 ou incluso anos antes) a performance apenas estaban desenvolvidas e se atopaban nun estado incipiente. Será a partir de entón que comezan a desenvolverse e cada vez máis nos nosos días. O que defendemos neste taller, case como conclusión ou colofón do mesmo, e dos estudos aquí presentados, é a video-instalación e a performance como resultado i evolución natural do cinema e a imaxe. O cinema e a imaxe, tal como podemos concluir dos estudos, remiten cada vez máis directamente a un tempo, que é algo así como temitir a unha (a)subxectividade, a unha duración, a un acontecemento, a unha comunidade ou colectivo que vive ou presenza ese acontecemento. É dicir, o acontecemento como nova virtual (non actual! como se pretende nos "medios de comunicación"...) que nos trae a imaxe esixe, pola mera razón de selo, diriamos que por definición, a interacción, o trastorno, a excitación molecular... dos espectadores, das enerxías que a presencian. É dicir, que o cinema, a pantalla provoca, en tanto que boa imaxe, en tanto que directamente ten un trato co tempo, unha re-acción, un pensamento, un efecto no espectador. Non se trata dun efecto determinado, non se rixe pola causalidade lineal; senón pola casi-causalidade, produce un efecto no plan(o) virtual e potencial do espacio, incluso definen propiamente o que iso significa. Estamos entón ante unha especie de nova ciencia, ou nova sabedoría, quizais a realización da mesma en tanto que espacio capaz de producir e pensar o acontecemento. E sen embargo, paradoxicamente, nas entrañas mesmas do seu "comezo", da súa "orixe", do seu "ambiente inicial"; aquel que se deu en chamar... A caverna de Platón, proxecto innovación pedagóxica onde desenvolvemos esta idea.