Pasolini

De Cine y Filosofía

Traxedia. Realismo. Realismo tráxico e lírico. É inmenso o lirismo de Pasolini, cómo é capaz de aplicarlle intensidades líricas arrebatadoras a historias tratadas dende unha superficie real. Sen ficción; Pasolini procura os puntos, os devires, polos que o acontecer simple, sinxelo, polo que unha historia mundana, adquire, contén, compromete, unhas tensións que a proxectan; alén de si mesma. Mais sen saír de si mesma.

  • Mamma Roma Qué bondade tan pouco humana, expira este filme. Qué bondade e que ternura tan pouco morais, que confabulan coa indecencia, que marcan un destino, que non exclúen a fatalidade do destino. A liña tráxica do destino singular. A singularidade do destino. Sen máis.
  • O evanxeo segundo San Mateo 1 Un clásico xa nos filmes sobre Cristo, Pasolini inserta enormes dosis de sobriedade no tema. Un neorrealismo tardío, alén das situacións sociais da época, retrata agora o acontecemento de Cristo, mais no marco propio desta escola. Un achegamento ao cotiá na historia do nazareno, o retrato da súa persoa sinxela, o trascendente dende a perspectiva da vida núa. Cristo: un acontecemento circunscrito nunha multiplicidade deles que o desbordan, que o constitúen, que lle dan sentido... Sobriedade, austeridade, reducción, inmanencia, contención... do trascendente. Tamén hai un uso interesante do audio-visual como fractura, na afirmación da súa diverxencia.