Página principal
Taller para diferentes institucións culturais, como narrativa de innovación, nas zonas marxinais da Academia. Misturamos en directo imaxes-fragmentos da Historia do cinema e producimos discurso (en off) sobre as mesmas. En sala escura. Na procura das resonancias que nos fagan ver con perspectiva o acontecemento da pantalla. Tamén analizamos as imaxes, o seu réxime e os seus signos, o seu con-texto creativo, seguindo sobre todo os textos de Imaxe-movemento e Imaxe-tempo de Gilles Deleuze. Outras influencias clave: Artaud, Godard, os propios cineastas cos que traballamos e comentamos; e incluso: a visión persoal da situación histórica e o seu carácter cinematográfico...
Podes descargar aquí o flyer do obradoiro ou de man con máis info ou dossier completo en pdf ou ver video-resumo. Tamén podes acceder a Manuel Cebral, creador desta wiki.
Sumario
escolas e movementos
Mentres as escolas clásicas son bastante diferenciadas e determinadas, as modernas e contemporáneas sofren máis influencias mutuas e interaccións, son máis inclasificábeis. De feito, vemos competitividade e esforzo por diferenciarse no caso das escolas clásicas, mentres que vemos colaboracións e referencias mutuas nas escolas posteriores. Hai case unha tentativa de fundamentación (fundamentalista?) no cinema clásico, mentres que hai algo como unha deriva no cinema de postguerra e sucesivo.
- as escolas clásicas son:
realismo americano - dialéctica soviética - mecanicismo francés - expresionismo alemán
- outras escolas posteriores son:
naturalismo - neorrealismo italiano - nouvelle vague francesa - cinema-ollo -cinema-verdade - cinema dos corpos - cinema cerebro - cinema-abstracto
supostos técnicos
Aqueles que crearon e determinaron a espeficidade do cinema en relación con outras artes e técnicas. Tamén os que posibilitan e determinan o paso do cinema clásico ao cinema moderno e contemporáneo.
plan(o) | encadre | centro de in-determinación | montaxe | mostraxe |
cinema sonoro | corte irracional | audio-visual | punto de vista documentado | gran forma |
conceptos
Os que nos permiten pensar a imaxe e referirnos a ela teoricamente, filosoficamente. Os conceitos da imaxe-movemento corresponden á etapa clásica do cinema mentres que os da imaxe-tempo corresponden á moderna e contemporánea.
- Respecto da imaxe-movemento:
imaxe-movemento - imaxe-percepción - imaxe-afección - imaxe-pulsión - imaxe-acción
- Respecto da imaxe-tempo:
imaxe-mental - imaxe-relación - imaxe-tempo - imaxe-rostro - imaxe-soño - imaxe-cristal - cronosigno - xenesigno
cineastas clave
Qué aportou cada un, individualmente, á evolución da imaxe e da súa significatividade. Aos clásicos e modernos xa consolidados como clave engadimos tamén algúns contemporáneos, máis dubidosos en canto a súa relevancia, mais que nos dan xogo dende logo para comprender o cinema pasado:
bibliografía
- Artaud, A. El cine, ed. Alianza. (Colección de ensaios do autor sobre o cinema).
- Badiou, A. Imágenes y palabras, ed. Manantial.
- Bresson, Robert. Notas sobre o cinematógrafo, ed. Ardora.
- Cabrera, J. Cine: 100 años de Filosofía, ed. Gedisa.
- Deleuze, G. Estudos sobre cinema, La imagen-movimiento, ed. Paidós.
- Deleuze, G. Estudos sobre cinema, La imagen-tiempo, ed. Paidós.
- Godard, J-L, Histoire(s) du cinema, Ensaio para tv & video; con texto e entrevista adxunta.
- Ledo, Margarita. Del Cine-Ojo a Dogma95, Paidós Comunicación 2004.
- Piretto, Piero G. Il Radioso Avvenire. Mitologie Culturali Sovietiche, ed. Einaudi.
- Ranciere, J. La fábula cinematográfica, Ed, Paidós Ibérica.
- Teoria da Imagem Ensaio de Man_Hauser acerca da constitución, produción, aparición da imaxe virtual (a imaxe-tempo) así como a súa relación coa performance, o imaxinario, etc.
- Truffaut, F. El cine según Hitchcock (Le cinema selon Hitchcock) Ed. Robert Laffont, 1966.
enlaces externos
- On/Off Deleuze Blog no que se recolle un seminário sobre cinema i enlaces interesantes sobre Deleuze.
- La Imagen Cristal Espacio sobre Deleuze, a esquizoanálise, o cinema, o desexo nómada.
- Ver y pensar el cine con G. Deleuze (Análisis de algunos textos fílmicos) Curso da Facultade de Filosofía da Universidade de Educación a Distancia UNED.
- El cine como experimentación filosófica Entrevista con Alain Badiou sobre cinema e pensamento en Antroposmoderno, Revista de Filosofía na rede.
- The Pervert's Guide to Cinema 1/14 Primeira parte dunha completa guía de 14 capítulos nos que o filósofo e psiqueanalista esloveno Slavoj Zizek fala sobre cinema. Sabemos da obra crítica e provocativa de Zizek respecto a Gilles Deleuze.
- La imagen del pensamiento en Gilles Deleuze; Tensiones entre cine y filosofía Artigo publicado na rede na Revista Observaciones Filosóficas.
- El lenguaje y el cine en Gilles Deleuze Artigo publicado no portal Autorneto, adicado en xeral a arte e comunicación.
- Filomatrix páxina na que se relacionan os contidos do filme Matrix con contidos filosóficos acerca da realidade, empirismo/subxectivismo, etc.
- Expanded Cinema Plataforma de cinema e clips experimentais, vinculados ao VJ CINEMA e a súa bastante descoñecida evolución.
- guionistas Dorianos blog técnico sobre cinema: guión, montaxe, etc.
- Fluid video crew equipo de documentalistas independentes dende Roma.
- Laboratorio Invisíbel Espazo no que a Universidade Invisíbel investiga aspectos teóricos e discursivos da imaxe e o espectáculo.
- Tikiwiki do Grupo de innovación docente de Comunicación Audiovisual da Universidad de Valencia.