Página principal

De Cine y Filosofía
Revisión del 00:09 17 abr 2019 de 207.248.50.98 (discusión) (enlaces externos)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)

Taller para diferentes institucións culturais, como narrativa de innovación, nas zonas marxinais da Academia. Misturamos en directo imaxes-fragmentos da Historia do cinema e producimos discurso (en off) sobre as mesmas. En sala escura. Na procura das resonancias que nos fagan ver con perspectiva o acontecemento da pantalla. Tamén analizamos as imaxes, o seu réxime e os seus signos, o seu con-texto creativo, seguindo sobre todo os textos de Imaxe-movemento e Imaxe-tempo de Gilles Deleuze. Outras influencias clave: Artaud, Godard, os propios cineastas cos que traballamos e comentamos; e incluso: a visión persoal da situación histórica e o seu carácter cinematográfico...

Podes descargar aquí o flyer do obradoiro ou de man con máis info ou dossier completo en pdf ou ver video-resumo. Tamén podes acceder a Manuel Cebral, creador desta wiki.

escolas e movementos

Mentres as escolas clásicas son bastante diferenciadas e determinadas, as modernas e contemporáneas sofren máis influencias mutuas e interaccións, son máis inclasificábeis. De feito, vemos competitividade e esforzo por diferenciarse no caso das escolas clásicas, mentres que vemos colaboracións e referencias mutuas nas escolas posteriores. Hai case unha tentativa de fundamentación (fundamentalista?) no cinema clásico, mentres que hai algo como unha deriva no cinema de postguerra e sucesivo.

  • as escolas clásicas son:

realismo americano - dialéctica soviética - mecanicismo francés - expresionismo alemán

  • outras escolas posteriores son:

naturalismo - neorrealismo italiano - nouvelle vague francesa - cinema-ollo -cinema-verdade - cinema dos corpos - cinema cerebro - cinema-abstracto

supostos técnicos

Aqueles que crearon e determinaron a espeficidade do cinema en relación con outras artes e técnicas. Tamén os que posibilitan e determinan o paso do cinema clásico ao cinema moderno e contemporáneo.

plan(o) encadre centro de in-determinación montaxe mostraxe
cinema sonoro corte irracional audio-visual punto de vista documentado gran forma

conceptos

Os que nos permiten pensar a imaxe e referirnos a ela teoricamente, filosoficamente. Os conceitos da imaxe-movemento corresponden á etapa clásica do cinema mentres que os da imaxe-tempo corresponden á moderna e contemporánea.

  • Respecto da imaxe-movemento:

imaxe-movemento - imaxe-percepción - imaxe-afección - imaxe-pulsión - imaxe-acción

  • Respecto da imaxe-tempo:

imaxe-mental - imaxe-relación - imaxe-tempo - imaxe-rostro - imaxe-soño - imaxe-cristal - cronosigno - xenesigno

cineastas clave

Qué aportou cada un, individualmente, á evolución da imaxe e da súa significatividade. Aos clásicos e modernos xa consolidados como clave engadimos tamén algúns contemporáneos, máis dubidosos en canto a súa relevancia, mais que nos dan xogo dende logo para comprender o cinema pasado:

Artaud Antonioni Bergman Bresson Buñuel Eisenstein Fellini
García-Berlanga Godard Griffith Herzog Hitchcock irmáns Marx Kubrick
Kurosawa Kusturica Dreyer Lang Pasolini Perrault Renoir
Resnais Rivette Robbe-Grillet Rossellini Rouch Tarkovski Truffaut
Vertov Vigo Lars Von Trier Welles

bibliografía

  • Artaud, A. El cine, ed. Alianza. (Colección de ensaios do autor sobre o cinema).
  • Badiou, A. Imágenes y palabras, ed. Manantial.
  • Bresson, Robert. Notas sobre o cinematógrafo, ed. Ardora.
  • Cabrera, J. Cine: 100 años de Filosofía, ed. Gedisa.
  • Godard, J-L, Histoire(s) du cinema, Ensaio para tv & video; con texto e entrevista adxunta.
  • Ledo, Margarita. Del Cine-Ojo a Dogma95, Paidós Comunicación 2004.
  • Piretto, Piero G. Il Radioso Avvenire. Mitologie Culturali Sovietiche, ed. Einaudi.
  • Ranciere, J. La fábula cinematográfica, Ed, Paidós Ibérica.
  • Truffaut, F. El cine según Hitchcock (Le cinema selon Hitchcock) Ed. Robert Laffont, 1966.

enlaces externos

  • On/Off Deleuze Blog no que se recolle un seminário sobre cinema i enlaces interesantes sobre Deleuze.
  • La Imagen Cristal Espacio sobre Deleuze, a esquizoanálise, o cinema, o desexo nómada.
  • The Pervert's Guide to Cinema 1/14 Primeira parte dunha completa guía de 14 capítulos nos que o filósofo e psiqueanalista esloveno Slavoj Zizek fala sobre cinema. Sabemos da obra crítica e provocativa de Zizek respecto a Gilles Deleuze.
  • Filomatrix páxina na que se relacionan os contidos do filme Matrix con contidos filosóficos acerca da realidade, empirismo/subxectivismo, etc.
  • Expanded Cinema Plataforma de cinema e clips experimentais, vinculados ao VJ CINEMA e a súa bastante descoñecida evolución.