Opsignos

De Cine y Filosofía

Son os signos ópticos. Un vermello, un verde, un azul... Godard fará célebre a frase: non filmo o sangue, filmo o vermello... Fronte ao obxecto en tanto que constituido e pechado, en tanto que utensilio ante o que gardo unha actitude preconcebida de cómo interactuar con el, o opsigno amosa unha calidade óptica pura dese obxecto, desa situación. Unha calidade que escandaliza e perturba aos sensos, que os sobresalta, que os pon en alerta, ou cando menos disocia e abre a consistencia da perspectiva que temos do mundo e do seu acontecemento. Abre propiamente o acontecemento do que filma, incluso ao espectador. Pois o que acontece (o opsigno ou sonsigno) non acontece propiamente dentro da trama do filme, non é algo que nós poidamos mirar dende fóra, senón que a súa propia ruptura da perspectiva que atravesa e prescinde da resposta habitual sensoriomotriz, nos abre e nos entrega, tanto ao filme dentro como ao espectador fóra, a eso que se nos amosa así; aberto.