Nouvelle vague francesa
De Cine y Filosofía
Mentres neorrealismo italiano conserva unha narrativa verídica a nouvelle vague rompe tamén con este principio abrindo aos personaxes á potencia do falso, insertándoos en narrativas falsarias, de cadeas non verídicas. Godard reclama explicitamente igualdade e fraternidade entre realidade e ficción.
- Pierrot le fou de Godard (1965).
Algúns principios da nouvelle vague son:
- utilización de exteriores para filmar en vez dos grandes estudios
- inserción da vida cotiá na ficción (o que a aproxima ao documental por momentos...)
- clara conciencia dun pasado cinematográfica respecto ao cal se posicionan (amosando influencias nos filmes, con citas á literatura, pintura, claves doutros filmes...). Non ocultan a súa admiración polo cinema realista e visual de Renoir, Bresson, Tatí... o cinema americano de Hawks, Ford, Hitchcock... a técnica de Welles.
- carácter autobiográfico dos filmes
- baixo presuposto
- historias marxinais moitas veces (documental de novo) mais fabulosas, insertas por igual na ficción.
Aínda que sempre é fuxidiza á categorización, relaciónanse coa nouvelle vague ademais do citado Godard: Truffaut, Perrault e Rivette.