Naturalismo

De Cine y Filosofía

Destacan Buñuel do cinema español e Stroheim do cinema alemán. Ambos traballan case exclusivamente o que chamamos imaxe-pulsión. O naturalismo contrapón un mundo orixinario, que inventa en grande medida, fornte ao mundo de facto existente, xeo-físico concreto. Máis que oposición entre estes dous mundos hai un paralelismo, unha convivencia na que se amosan as diferencias sen que chegue a haber totalmente interferencias, obstáculos, etc. De feito moitas veces trataranse de buscar pontes. O mundo orixinario caracterízase por estar dominado por unhas forzas especiais, pulsións ou tendencias que levan ás personaxes case incosncientemente aos seus actos, alén das conductas frías, conscientes, aprendidas a cotío na sociedade.

  • Simón del desierto Buñuel. Simón sometido a todo tipo de pulsións, afectos orixinarios, no mundo reducido i exclusivo que se crea en torno á torre na que medita e se abiecta. Loita contra as tendencias establecidas polos costumes e procura dun impulso propio, cuestionamento do que sería este impulso propio. Ao final hai unha traslación - salto - conexión co espacio-tempo actual, urbano, do século XX. Que nos di toda a historia anterior do mesmo? Que nos aporta esta especie de superposición de plan(o)s? Que cuestiona, que abre? Quizais para moitos sexa ilexítima. Sen embargo, pola conversa final, a pregunta "en que pensas, Simón?", etc. remite diretamente ao deserto e abre unha reinterpretación case total dese mundo na actualidade. É deste xeito que o naturalismo de Buñuel non se queda nunha mera separación ou rexeitamento do mundo actual-contemporáneo, senón que incide, ao final, dalgún xeito, diretamente nel.
  • El ángel exterminador De novo as pulsións sociais contidas, ou enmascaradas na cotidianidade da sociedade amósanse aquí, nun novo espacio, na súa intensidade e profundidade descuberta. O espacio orixinario é agora esa casa onde se celebra o encontro social e na que estraña e enigmaticamente os invitados quedan pechados, retidos. A angustia, a claustrofobia, a aparición dos afectos e as pulsións primitivas, instintivas en personaxes aparentemente complexos da sociedade derruba a consistencia de moitos dos ethos de clase e abre a porta da súa profunda verdade; ou se cabe, soamente a súa sinxela verdade. A interposición dun límite, no mundo social, aínda que este só sexa "aparente" ou creado, inventado, fantástico (paranoico?) como no caso deste filme en concreto, amosa de súpeto a inestabilidade fundamental dese mundo, que se disolve cando ten que respostar aos seus pulos primarios. Mais de novo neste, filme, Buñuel non se queda coa mera suposición, e fai pór en relación ese mundo sectario do filme, co acontecer hisórico-actual-contemporáneo que lle corresponde. Pero é que incluso son as normas sociais, as convencións da "alta sociedade" burguesa, as que sectarizan a vida e os instintos, as que crean dinámicas e corpúsculos especulativos sempre que negan e impiden a iniciativa.