Montaxe

De Cine y Filosofía

A través da montaxe é a maneira que ten o cinema clásico de relacionarse co todo. A imaxe en tanto que plan(o) ten dúas caras: unha que verte sobre as cousas particulares, que se inicia coa imaxe-percepción e outra que se relaciona directamente co todo (o Todo). A primeira das súas caras soe ser a máis inmediata é cercana: aquela que nos amosa partes do todo en certas relacións, involucradas en percepcións, afectos, accións... Mais a súa vez, o conxunto destas imaxes, a súa forma de ordenarse e articularse, remiten a un todo, a o filme como un todo ou unha idea que vai alén das imaxes concretas, e segundo a cal se xustifica que un plan(o) vaia despois doutro, que vaian de tal forma e non doutra, que duren tanto tempo, etc. É Eisenstein i en xeral a escola dialéctica soviética quen destaca esta importancia da montaxe e a consideran como idea principal do cinema. "O filme é a montaxe" di Eisestein, segundo a cal se nos dá a maneira en que as partes se inclúen e se dan no todo. Eisestein reivindica tamén esta importancia da montaxe fronte aos filmes en principio máis estereotipados de Griffith e os americanos.

"Como Eisestein non se cansaba de repetir, a montaxe ten que proceder por alternancias, conflitos, resolucións, resonancias; en suma, toda unha actividade de selección e coordinación, para dar ao tempo a súa verdadeira dimensión e ao todo a súa consistencia" Deleuze, A imaxe-tempo.

Coa crise da imaxe-movemento e a irrupción do cinema contemporáneo, a montaxe deixa de ser decisiva no filme pois as propias imaxes a través dos opsignos e sonsignos instauran unha relación directa co tempo. É o que chamamos imaxe-tempo na que a relación co todo, coa idea do filme, deixa de estar mediatizada pola montaxe e se dá directamente a través de calidades puras, brutas, núas. Para algúns a partir de entón deberiamos falar de mostraxe en lugar de montaxe.

Sen embargo o cinema moderno, a través de Welles, Resnais e Godard, recupera certa noción de montaxe que será nova. Xa non entre puntos racionais e relacións mensurábeis (Eisestein) senón entre puntos irracionais e relacións non-cronolóxicas. Así os propios intersticios, as rupturas entre imaxes forman parte, entran en contacto cun afora da imaxe e do filme que alimenta un novo continuo, unha diferenciación que prolifera pola súa conta.