Metodoloxía

De Cine y Filosofía

A metodoloxía deste Taller sobre cinema baséase na interactividade. Interactividade entre a imaxe e a palabra, entre o cinema e o enunciado. E cómo a partir de aí se crea unha resonancia. A Historia do cinema e o cinema como Historia. En que punto estamos? Como situarnos ante a súa pantalla? É o cinema algo máis que a consumación de a caverna de Platón? Con técnicas de VJ-CINEMA procuramos resonancias entre fragmentos de filmes e a nosa situación contemporánea ao respeito dos mesmos. Tratando de re-situarnos ante eles. Ante o cinema e todo o seu potencial histórico. Conservar a súa memoria. Cuestionala. Recreala. Ademais os programas VJ permítennos misturar de maneira tamén re-creativa esta historia, esta memoria... nos inspiramos neste punto nas Histoire(s) du cinema de Godard.

Tamén facemos uso da versatilidade das ferramentas wiki; tal e como este arquivo que estamos empregando. A ferramenta wiki permítenos recrear continuamente os contidos do taller, reformulando os artigos editados, con novas nocións, perspectivas, aportacións, etc. Permítenos incluir constantemente novas referencias a imaxes, filmes, outras páxinas... E sobre todo en apartados como o de conversa (na pestaña de arriba de tódalas páxinas) permite discutir e pór en cuestión os contidos, problematizar, replantexar, etc. Asímesmo, en seccións do menú da esquerda pódense consultar cousas como: a actualidade en referencia ao taller, os cambios recentes aparecidos nos contidos, o portal da comunidade, etc.