Mecanicismo francés

De Cine y Filosofía

O que podería definir a escola francesa é unha sorte de cartesianismo; pois están interesados sobre todo nunha cantidade de movemento e as relacións métricas que permiten definila. O que importa é ampliar e cuantificar esa cantidade de movemento; recurrindo tanto a persoas como a animais, cousas, seres animados ou inanimados. Todo entra nunha homoxeneidade que se pon en funcionamento e define polo tanto unha unidade cinética. A feira de Epstein en Coeur fidele, o baile de L’Herbier en Eldorado, as farándulas de Grémillon en Maldone. “Os títeres, os paseantes, os reflexos dos títeres, as sombras dos paseantes, van a entrar en relacións sutilísimas de reduplicación, alternancia, retorno periódico e reacción en cadea que constitúen o conxunto ao que debe ser atribuído o movemento mecánico”(67). Tratan de levar máis lonxe a síntese dialéctica soviética de home e máquina cara unha sorte de unidade cinética, na que a máquina chega a ter paixóns humanas, pulos de morte diferentes dunha simple marioneta animada ou unha simple reconciliación ou síntese dialéctica.

Hai tamén na escola francesa un importante traballo coa luz; sobre todo cos grises que portan unha cantidade de movemento tamén. Entre a luz e a sombra non hai un conflicto á maneira do expresionismo alemán ou da dialéctica soviética; senón unha alternancia cinética, unha suma, unha intensificación... que xera movemento. En Grémillon a alternancia regular da luz e a sombra, móbil a causa do faro en Gardiens du phare, máis tamén a alternancia da cidade diúrna e a cidade nocturna de Létange Monsieur Víctor.

  • ballet mecanique Fernand Leger. Amosa esta procura da unidade cinética con máquinas e mecanismos simples. Vemos tamén como a música e as cores incorpóranse á composición mecánica e suman esa unidade intensiva cinética que se procura. Hai que dicir que Léger é un pintor. O filme está moi vinculado ao cinema-abstracto e curiosamente tamén ao surrealismo. Non esquezamos a relación surrealismo - cinema e ámbolos dous coa mente, o pensamento, a memoria como mecánica e a descripción dos seus mecanismos. Evidentemente o cinema francés apunta neste senso xa ao pensamento.
  • Coeur fidele de Epstein (1923). O amor pódese entender e incluso resolver mecanicamente, como unha sorte de ecuación matemática do intenso, das paixóns, das subxectividades, que nos fan pensar na súa correlación e efectividade na montaxe.
  • pequeno resumo impresionismo francés no que se seleccionan algúns filmes da época e mesmo se sinalan características. Como vemos este impresionismo é tamén mecanicismo; ou polo menos ten algo que ver con este: que é o que deixa a sociedade mecánica á subxectividade? Pode producila ou sustentala dalgún modo? De certo, nesta época aínda non se fraguara a crise mundial de postguerra que marcará o inicio da imaxe-tempo mais hai xa no cinema europeo moitos elementos que non son puramente positivos ou optimistas como eran os de Hollywood e o realismo americano. As escolas europeas (o vemos no caso deste mecanicismo francés, mais tamén no expresionismo alemán ou na dialéctica soviética, xogan máis o papel e a importancia do negativo, do contra-valor, na constitución de sentido, que afecta incluso a nivel formal na realización da montaxe.