Lars Von Trier

De Cine y Filosofía

Cineasta controvertido e polémico onde os haxa na contemporaneidade. Ainda que tampouco se pode dicir que o seu cinema sexa de feito contemporáneo... Ao contrario; Lars Von Trier caracterízase seguramente por unha redefinición sui generis do formato cinema mirando case máis para atrás que para diante. Por exemplo: o non empregar efectos visuáis nos filmes caracteriza en grande medida a súa proposta de DOGMA; unha sorte de escola cinematográfica de fináis dos 90. É de agradecer a Von Trier a súa pedagoxía cinematográfica, evocando, moitas veces explicitamente, aos que para el foron ou son grandes do cinema. Así: a homenaxe a Jorgen Leth nas súas Cinco condicións, ou a homenaxe a Tarkovski en Anticristo. Sen embargo as influencias van alén do explícito e así por exemplo destaca tamén a impronta de Bergman nos seus filmes. Este é o caso de La hora del lobo en comparación tamén con Anticristo.

  • Os Idiotas: filme clave na proposta de DOGMA neste filme Von Trier investiga xa sobre o espazo pechado: a nivel de gravación mais a nivel de convivencia tam´ne. Será algo que repetirá na súa serie de DOLGVILLE: actrices e actores conviven intensamente durante a rodaxe até o punto de que o filme mesmo é unha experiencia... biopolítica?
  • Bailando na escuridade: sen dúbida caracteriza a Von Trier o traballo con protagonistas femininas. Seguindo neste senso a estela do cinema europeo (neorrealismo italiano, nouvelle vague francesa leva ao límite o aspecto das minorías: muller, minusválida, migrante. Estes extremos se reiteran na filmografía do director. O seu cinema poderiase considerar expresión en moitos sentidos do Teatro da crueldade de Antonin Artaud.
  • Serie Dogville e Manderley: de novo as mulleres e as minorías: as persoas de cor de EEUU. Mais certamente non para dar a típica arenga en contra da súa opresión. Ao contrario, visión ben controvertida desta situación e da esclavitude que sen dúbida lle valerá ao director uns cantos detractores.