Lang

De Cine y Filosofía

Quizais, o grande mestre do terror e o expresionismo no cinema clásico, a carreira de Lang vese marcada sen embargo pola errancia. A que o leva da súa alemaña natal ao outro continente: a producir cinema americano en Hollywood. Será unha etapa dubidosa; éxito relativo, que nos fai pensar o xenuino do cinema europeo e as aportacións de Lang ao mesmo. O cinema americano trata de introducir a través de Lang un estilo que en Alemaña tiña outra impronta. Non podemos falar de terror sen máis cando falamos de expresionismo alemán, ou polo menos tal como se entenderá despois o terror, sobre todo tralo desenvolvemento (comercial) que de el fará Hollywood. Pois o expresionismo alemán estaba vencellado a unha concepción profunda e até metafísica imbricada na loita de contrarios, dialéctica, o seu pulo no infinito, as luces contra as sombras. A cinematografía tiña unha repercusión cosmolóxica, un paradigma de coñecemento trascendental, na agonía da luz e no seu límite coa escuridade. Cuestións de límites, romanticismo renovado, profundidade de perspectiva na superficie da pantalla. Hollywood fará disto algo meramente sensacionalista, un terror de exclusiva superficie, de impacto, alén da profundidade do expresionismo, da súa implicación dos contrarios, a conservación dos dous polos ainda no vértice da fuga.

  • Perversidad a escena final alterna luces e sombras ao tempo que se refire ao artificial e maníaco como contrapolaridade anteposta ao natural e virtuoso.