Kubrick

De Cine y Filosofía

Cinema cerebro. Hai unha estreita relación entre cerebro e mundo. Ata identidade. Apréciase na computadora de 2001, unha odisea no esapcio ou na mesa de control circular e luminosa de Dr. Strangelove, en todo filme de A laranxa mecánica. Sen embargo esta identidade non é o Todo do conxunto, non é o todo que acontece. Hai un afora e un adentro con respecto á mesma. Esa identidade garantízanos un mundo, un control, unha estabilidade, un sistema, unha organización. Mais hai forzas que a ameazan. Tanto internas como externas. A psicoloxía profunda, o involutivo, o pasado como tal por unha banda. O futuro, a evolución, o incerto, a galaxia pola outra. A orde do sistema, das habitacións do hotel de O resplandor, do ordenador de 2001... vese posta en perigo por forzas do adentro e do afora, paranoicas e transcendentes. Chega incluso un momento que non sabemos cales son dunha banda ou da outra. O filme transcorre propiamente nese tránsito indiscerníbel entre o adentro e o afora, mais sempre como ameaza constante á estabilidade do sistema.

  • A laranxa mecánica Efectivamente, non por ser un cinema do cerebro deixa de haber a violencia, o golpe, a colisión... típica dos corpos. Efectivamente hai máquinas para Kubrick, en relación co pensamento, mais o verdadeiramente importante e decisivo acontece alén desas máquinas, alén dese axenciamentos: ou máis adentro ou máis afora. Na profunda psicoloxía e patoloxía dos personaxes. Na desorde macrosocial que os afecta.
  • 2001: unha odisea no espacio (Trailer) Efectivamente o trailer fainos pensar qué é o que hai máis alá ou máis acá desa orde ou control que por suposto nos ofrecen as grandes máquinas. Tras de elas, o impredecíbel humano, a gran explosión, a inestabilidade e a catástrofe como constitutivas tamén da vida.
  • 2001: unha odisea no espacio O sistema máquina-mundo non é o Todo, non é absoluto. Quedan forzas irreductíbeis que son as que propiamente nos interesan para os devires. Son forzas do afora e do adentro: a explosión e a implosión. da psicoloxía e do cosmos. O sistema creado polo computador non é máis que un intermedio; inmenso, certamente, mais que de por si nega, rexeita e pecha a súas portas ás contaminacións dos aforas. Por moito que tente entrar nese sistema o ser humano plenamente. todo el nunca entrará. A propia informatica e a tecnoloxía como sistema fabricará os seus mecanismos de cerrazón, de aillamento; o que non quere dicir que por iso teña ese sistema vida propia; ou en todo caso, que esa vida se diferencia en algo do inerte máis absoluto.
  • O resplandor (Trailer) O sinistro da psicoloxía humana profunda percorrendo a aparente claridade e arquitectura do seu edificio, da súa hospedaxe. Como un neno pequeno e inocente que xoga e flúe no interior da nosa ben armada casa. Habitacións infindas, exteriores absolutos no adentro. Labirinto e delirio. Pensamento. E logo tamén, violencia dos corpos, impacto, corte, coitelo. Persecución, manía, torrente.
  • O resplandor Efectivamente o contrato, o sistema... podería soster, manter, controlar... as tensións do adentro e do afora, os pulos de morte e de baleiro que o ameazan. Ese pacto ou contrato do sistema é o encargo de custodiar o edificio á familia do protagonista, mais é incluso o propio edificio: a súa arquitectura, o hotel como morada sistematizada do ser humano: coas súas dependencias, habitacións, grandes mecanismos sistemáticos (cociña, caldeiras, frigorífico...). Mais todo o filme amosa como ese sistema está, na súa neutralidade máis esencial, ameazado profundamente neste caso, sobre todo, polo máis interior humano. E como vemos hai impacto, violencia física precisamente como índice deste cinema do cerebro.