Irmáns Marx

De Cine y Filosofía

Ao igual que Hitchcock introduce e fai convivir a imaxe-mental coa imaxe-acción. Fanno ademais conservando clara e distintamente os diferentes niveis. Se o primeiro nivel da imaxe a forman a imaxe-percepción e a imaxe-afección temos nos filmes dos Marx a Harpo, que non fala, que ve e colle, aprehensivamente, impulsivamente, que desexa e se emociona, que non para de sacar obxectos da súa gabardina e tocar (aprehensión) a súa bocina. Temos no nivel dous a Chico, que é o home da acción; quen decide e toma a iniciativa. Quen procura e logra obxectivos. Quen se encarga de levar a Harpo por onde lles convén. Chico é o personaxe de nivel dous, da imaxe-acción. Máis é que toda esta montaxe xa de por si burlesca e significativa, motivo de moitos filmes tipo Lauren e Oliver... vese incrementado nos irmáns Marx por un terceiro nível. É o nível do interpretativo, da proposición ou enunciación, do sentido e o sinsentido, onde propiamente se instala Groucho Marx. A través del, a primacía da acción e da trama no filme vese subordinada ao sentido mesmo, á súa interpretación, que é onde verdadeiramente reside o valor do filme. Non é que se anulen a través de Groucho os outros dous níveis, máis si entran nunha relación que relega a acción a un segundo plan(o) e fai dos filmes dos irmáns Marx algo único e xenial, que está xa alén da imaxe-acción; preto ou inaugurando xa a imaxe-pensamento ou imaxe-mental.

  • O conflicto dos Marx Aquí vemos a Harpo e Chico "en acción"; o claro propósito de Chico e a actitude muda, prensil, instintiva, pulsiva de Harpo.
  • O conflicto dos Marx Aquí vemos como o tema do filme diríxese ao acto enunciativo de Groucho, como un sentido que se instaura en si mesmo, e que ata consigue subordina-la acción.