Imaxe-soño

De Cine y Filosofía

É unha imaxe que traemos ao presente do pasado; mais en vez de resolver o presente, en vez de engadir e solucionar unha situación a imaxe-soño a problematiza aínda máis. Por iso a diferenciamos da imaxe-recordo; que sería un traer do pasado unha fixa, que recoñecemos... A imaxe-soño rompe e suspende a reacción sensoriomotora; é aquela que nos fai dubidar, que nos deixa nun estado de incertidume, dun "que pasou?", un non-saber qué é o que falta, etc.

O cinema europeo en seguido botou man deste tipo de imaxes en contraposición ao obxectivismo da imaxe-acción americana. Así pronto creou vínculos a escola dialéctica soviética co futurismo e o constructivismo; o expresionismo alemán coa psiquiatría e a psicanálise; o mecanicismo francés co surrealismo...

A imaxe-soño caracterízase pola proxección da súa virtualidade sobre unha imaxe seguinte que a actualiza. E así ata o infinito, nun circuito de virtualidade-actualidade que nunca se esgota, e que dá precisamente esa impresión de que nada é fixo, todo esvaece.

  • Gertrud Dreyer. Ambiente de ensoño. Ningún chan é definitivo. Todos son fuxidizos, esbaradizos. Sempre hai novas perspectivas, imprevistos, recordos, ilusións, soños...
  • Singing in the rain bailando Gene Kelly. Dentro da imaxe-soño atopamos tamén a comedia musical. Non soamente nos transporta a un mundo de ilusión aos espectadores, senón que o propio bailarín ten que facer ese tránsito (actualidade-soño) que o pon a bailar.