Imaxe-rostro

De Cine y Filosofía

Ou ben poderiamos dicir: MÁQUINA ROSTRO. O rostro como unha das máquinas máis simples e sinxelas; quizais como a primeira máquina do recoñecemento e da conciencia. Como toda máquina: buracos negros & pantalla branca. Na súa relación recíproca e rizomática se configura a máquina, se axusta e se potencia. POTENCIA DA MÁQUINA = a capacidade de resistencia que a pantalla branca ten para SOPORTAR o poder absorvente e centrífugo dos buracos negros. Ao mesmo tempo: a capacidade que teñen os buracos negros para recrearse e reaparecer constantemente e inesperadamente en toda pantalla branca. Así, na máquina rostro temos buracos negros: ollos, boca, nariz, orellas... Pantalla branca: rostro, piel, a súa textura, con máis ou menos arrugas, o corpo mesmo como pantalla e superficie que porta a boca, os ollos. Poden servir os ollos para algo máis que para mirar e recoñecer? Pode servir a boca para algo máis que para falar e/ou para comer? Soamente na dis-funcionalidade mecánica dos mecanismos a máquina deixa de ser meramente técnica e se desterritorializa ou se volve nómade. O actor: non debería ter esa capacidade?

Bergman é o cineasta clave da imaxe-rostro; a súa filmografía é unha invetigación da súa potencialidade. No rostro Bergman rexistra todo o que excede á ACTUALIDADE do que acontece. Todo o que excede ao movemento e capta ou configura toda outra serie de movementos. Micromovementos da imaxe-rostro. Movementos das paixóns, dos afectos, dos medos e temores, dos pensamentos mesmos. Imaxe-mental. O rostro como porta á inmensidade interior do que acontece.

  • O Rostro tamén traducida por O Mago conta a historia dun grupo de Teatro Magnético nun contexto de fe na ciencia e na exclusiva claridade da razón cinetífica. (Pantalla branca do corpo: o cadáver examinado polo científico).
  • Persona Toda unha galería da imaxe-rostro que neste filme Bergman achega quizais como nunca ao pensamento. O corpo iacente como pantalla tamén se repite na filmografía de Bergman (neste filme p.e: a enferma tendida no hospital, os corpos desexantes tumbados na praia).