Imaxe-relación

De Cine y Filosofía

A imaxe-relación é a que dalgún modo pon en funcionamento Hitchcock; o mestre do suspense. Mediante esta imaxe, as cousas, os personaxes, os obxectos... entran en relación dentro do filme. A trama que se crea en Hitchcock a través das relacións ten un aliquid especial. Pois a través da mesma o que se consegue é crear fóras de plan(o) na propia imaxe; no propio plan(o). Vexamos: Hichtcock crea tales vínculos e relacións na trama e entre os personaxes que sempre pasan cousas que algúns dos personaxes desconocen. Cada personaxe sabe cousas que outro non sabe, e que Hichcock amosa ao espectador en qué consiste ese non-saber total de cada personaxe. Así, o espectador é o que completa o puzzle, pois soamente el coñece tódolos elementos, tódalas tramas que compoñen a trama xeral. Hichtcock crea fóras de plan(o)s nos propios plan(o)s: amosándonos de costas a un personaxe e invisibilizando para o mesmo un primeiro plano no que nós si que vemos que algo clave acontece; ou viceversa... Desta maneira dicimos que Hitchcock introduce ao espectador no filme, que crea n acontecer da imaxe alén da pantalla, entre o público. E por isto mesmo, que subordina o acontecer da imaxe a súa interpretación na sala, polo público. Se por unha banda consuma a imaxe-acción, por outra banda, e case sen decatarse, a pon en crise tamén: porque a subordina a súa interpretación, ao pensamento, xa hai algo, quizais por vez primeira, que subsuma a acción nunha instancia (outra) máis comprensiva.

  • A soga Neste caso o elemento que pecha toda a investigación e a trama; ademais da soga, o cadáver, atópase contiunamente no fóra de plan(o) que corresponde ao público-espectador: ao pé da pantalla, cara quen todo acontece.