Imaxe-percepción

De Cine y Filosofía

Primeiro nível da imaxe, en tanto que se refire ao mundo, estados de cousas. Amosa unha perspectiva sobre as mesmas, normalmente en plan(o) de lonxe, terceiro plan(o) xeral que nos amosa unha situación. Principio da imaxe-acción e do cinema clásico. Con todo, non pode ou non debe confundirse coa noción de fotografía ou postal. Pois o propio da imaxe-percepción é que estea inserta nunha imaxe-movemento que a engloba, hai unha acción que contén en potencia, o seu centro de observación é un centro de in-determinación, non fixo, descentralizado respecto ao todo, é unha posición mesma do todo, unha apertura ou intervalo do mesmo que se nos amosa.