Imaxe-movemento

De Cine y Filosofía

Basicamente podemos dicir que o que caracteriza a imaxe-movemento é o sometemento ou a subordinación no filme, no plan(o), na gravación... o somentemento do tempo ao movemento. O tempo na imaxe-movemento é unha forma do movemento, un derivado do mesmo, que se rexe e significa en subordinación ao mesmo. Gravamos unha acción, sensorio-motriz, rexida pola causa-efecto: un home ten un apuro, un home vai ao servicio, percorre por tanto unha distancia, o tempo da gravación será o que tarde en percorrer esa distancia, en realizar esa acción segundo unhas causas-efectos que son as que cómpre amosar, visualizar, rexistrar na pantalla, no filme, na gravación. Despois, mediante a montaxe e tan só, polo tanto, indirectamente, obtemos na imaxe-movemento unha idea do tempo e do todo, que conforma como a idea do filme. Porque todos eses plan(o)s particulares agrúpanse, articúlanse segundo unha idea ou estructura que o director vai formando, e a través da mesma, cada imaxe-movemento particular conxúgase coa idea que transmite o filme como todo. Alén polo tanto do que cada plan(o) de imaxe-movemento nos amosa, accedemos a través da montaxe a unha idea que o filme como todo tamén amosa, ou expresa; e que é onde verdadeiramente ten importancia o director e onde verdadeiramente traballa en relación ao todo e dá unha concepción do tempo, unha calidade, unha comprensión do mesmo. Por iso, non cinema clásico diremos que a montaxe é o filme, o filme como todo. Instalados nesta concepción clásica do filme, reflexionaron dabondo sobre diversos sistemas de montaxe as diferentes escolas: realismo americano, dialéctica soviética, mecanicismo francés, expresionismo alemán. Elas defenden respectivamente un organicismo da montaxe, unha dialéctica, unha alternacia luz e sombras ou unha loita de luz e sombras con victoria, resolución ou síntese final no absoluto. Será como veremos tarefa do cinema moderno a disolución da imaxe-movemento na imaxe-tempo coa súa relativa crise da imaxe-acción como motor do acontecer no filme. A imaxe-acción é pola contra o paradigma característico e máis amplo desta imaxe-movemento.

É importante distinguir a imaxe-movemento tal como xorde no cinema con respecto á fotografía e a técnicas de montaxe respecto á mesma que poidan ser sememllantes. O que caracteriza á imaxe movemento e como tal ao cinema como "novo arte" ou nova maneria de captar i expresar o movemento é que este o fai dende un particular centro de in-determinación; isto é, o fai descentralizadamente. Non valen para o cinema os (aparentes) movementos siméticos, de formas ou posturas predeterminadas, que esgotan en si mesmas, dentro de si mesmas as referencias que manexan (non sería cinema algo así). O cinema caracterízase por gravar ou rexistrar un movemento aberto ao todo, ou en relación cun todo en tanto que aberto. As referencias polo tanto da imaxe e do movemento son sempre excéntricas, non agotan o seu sentido en si mesmas, senón que manifestan tan só un intervalo dunha serie que continúa, infinitamente, por cada un dos seus extremos. É dicir, a imaxe-movemento, e con ela o cinema, na súa orixe e como innovación, remiten ao acontecemento no tempo como singular e aberto, remiten a unha perspectiva na que o todo nunca se esgota, é por definición inesgotábel, parte do principio de que o gravado ou filmado, é un relativo, é un intervalo, é unha secuencia, un devir, dun todo que non ten un centro asignábel... Todo o contrario por tanto á imaxenería relixiosa, tanto Occidental coma Oriental, budista, etc.