Imaxe-cristal

De Cine y Filosofía

Quizais o máis sublime da imaxe-cristal se atope en Dreyer e Tarkovski; polo menos tal como aquí o interpretamos e explicamos nas correspondentes páxinas. Outras referencias quizais máis claras á imaxe cristal están en:

The lady of Shangai Welles. Son os espellos como tal os que recollen todo o obxecto do plan(o) i é a suposta imaxe-actual dos mesmos a que queda relegada á profunidade, á incógnita, á posibilidade, á potencia, ao virtual. Fórmase un circuito que nos remite así dunha imaxe á outra e que neste filme de Welles e se cabe onde máis explicitamente se xoga. Veremos filmes nos que o xogo do cristal (actual-virtual) non é tan explícito senón que irrompe con outras posibilidades e recursos, noutro tipo de plan(o)s. En A dama de Shangai os refrexos das identidades crean un imposíbel do acontecemento, un incognoscíbel, un punto cego que escapa ao racional e aonde os personaxes van empurrados pola paixón, a ambición, o carácter. O espello é a especulación no punto no que ningunha da perspectivas pode ver alén de si mesma.

As regras do xogo Renoir. A imaxe-cristal apunta por unha banda á video-intalación ou performance en tanto que virtualidade xerada dentro dos propios recursos audiovisuais que son o cinema, a grabación, a imaxe... Mais tamén na súa outra cara dá lugar á hiperrealidade como unha extra-actualidade (en vez de virtualidade) xerada tamén a partir destes medios, e coa que nos atopamos tan a cotío na nosa sociedade contemporánea.