Imaxe-acción

De Cine y Filosofía

Temos a gran forma e a pequena forma, que xorde en alternativa á primeira.

A imaxe-acción é a clase máis típica ou característica da imaxe-movemento: aquela que narra accións, entre persoas, pobos, nacións. Temos un claro exemplo no O nacemento dunha nación de Griffith; paradigma do cinema clásico e dos comezos das narracións cinematográficas. Define o estilo da gran forma marcada polo esquema situación-acción-situación.

Tamén dentro da imaxe-acción nos atopamos no burlesco americano coa pequena forma; aquela na que se parte dunha acción se chega a unha situación que se desetabiliza de novo con outra acción na que remata o filme ou historia. Esta narrativa digamos que máis débil do burlesco articúlase en torno a índices e marcas infinitesimais que concatenan e suxiren a sucesión de plan(o)s na montaxe en vez de relacións xerais entre os plan(o)s que pasan de plan(o)s xerais a pla(o)s medios e primeiros plan(o)s na gran forma suxerindo unha orde máis racional e unitaria do sentido.

Véxase tamén realismo americano.