Hitchcock

De Cine y Filosofía
Revisión del 03:28 16 abr 2019 de Manuel Cebral (discusión | contribuciones) (Página creada con «Hitchcock introduce na imaxe-acción tipicamente americana un terceiro nivel: o nivel da relación (imaxe-relación). E desta maneira deixa á imaxe-acción…»)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)

Hitchcock introduce na imaxe-acción tipicamente americana un terceiro nivel: o nivel da relación (imaxe-relación). E desta maneira deixa á imaxe-acción no seu propio límite, ante o seu propio abismo, incluso poderiamos dicir, que sen querelo, a pon en crise. Isto sucede porque Hitchcock dalle primacía as relacións sobre os acontecementos; ou dito doutro xeito: para Hitchcock todo acontecmento é relacional. As mortes, os asasinatos, os roubos, as persecucións... nunca son meras accións, nunca rematan en si mesmas, senón que sempre aluden a outras perspectivas, a outros personaxes presentes ou ausentes. O que Hitchcock filma é a trama, o tecido interrelacional que vai formando e do que o espectador pasa a ser testemuña tamén. De feito, nisto tamén hai que destacar a Hitchcock. As súas tramas relacionais son tales que ningún personaxe sabe todo o que acontece en escena, tan só o público, que é como a peza que falta no rompecabezas, podería dicirlle a uns e a outros o que ninguén sabe por completo. Desta maneira entra o público no filme, Hitchcock faino entrar.

  • La soga sen saír dunha habitación, sen cambiar de plan(o) Hitchcock aumenta a tensión da trama inmensamente, vai tecendo novas relacións e transformando a situación maxistralmente. Todo está dado na escena: asasinato, cadáver, asasinos, "detective" e sen embargo todo se vai hurdindo pouco a pouco, o que acontece propiamente é ese nexo de relacións que ningún personaxe posúe por completo que abre ao público inesperadamente, dende o principio, o espacio da sala. Porque soamente nós, espectadores completamos o puzzle que o director forma, asomados a ventá do que acontece. Paradoxicamente Hitchcock crea un fóra de plan(o) mediante saturación do mesmo; é dicir, a base de enchelo de tódolos personaxes e elementos importantes (ata se chega a empregar na cea a soga do crime) cosigue crear un fóra: o espectador que é o único personaxe que coñece todo.
  • Coa morte nos talóns Asasinatos cometidos "para outros", mortes que inciden noutras tramas, sobre todo neste filme Hitchcock xoga nun continuo desprazamento da imaxe-acción, a inserta nun desfase a partir do cal, as relacións mdan ás habituais e conforman unha nova trama, aquela que verdadeiramente alenta o filme. O celebre e terrorífico avión que fumiga onde non hai sembrado opera tamén como signo da imaxe-mental: dende o momento en que nos obriga a averiguar a súa desmarca do seu contexto natural, obriganos a averiguar a pequena diferenza na que se agocha a intensidade da trama.
  • Vértigo escena do pesadelo do protagonista (Scotty) no que a paranoia delirante se abre paso de modo exemplar. Efectivamente neste filme hollywoodiense non está en xogo a parella, non se reduce todo a un encontro amoroso, tal como nos di Zizek que soe acontecer na Fábrica de Soños americana. O obxectivo e o subxectivo se entrelazan, entran nun bucle de indiscernibilidade, os fluxos do desexo son misturados até o final do filme cos impulsos tanáticos que amenazan constantemente á parella e aos individuos que a conforman. Non hai amor estábel, non hai unha historia anestesiante, branda e dormilona de amor incuo. Hai un exame e un curioso cuestionamento da psique levada a unhas situacións maxistrais para xogar cunha serie de elementos que a sitúan constantemente ao borde da súa demencia e insoportabilidade. Aquí hai neste fragmento unha imaxe-mental moi cercana por outra banda xa a unha imaxe-tempo en calidade de opsigno ou imaxe óptica pura.

"Introducir a imaxe-mental no cinema e convertila no complementario, na consumación de tódalas imaxes foi, tamén, a tarea de Hithcock [ao igual que os irmáns Marx] [...] "O que conta non é o autor da acción, iso que Hitchcock denomina, con certo menosprezo, o whodunit ("quen o fixo?"), mais tampouco a acción en si: o que conta é o conxunto de relacións nas entraron tanto a acción como o autor" [...] "Hitchcock aparece na historia do cinema como aquel que xa non concibe a constitución dun filme en función de dous termos, o realizador e o filme que se vai facer, senón de tres: o realizador, o filme e o público que debe entrar nela, ou cuias relacións deben facerse parte integrante do filme (e este ñe o sentido explícito de suspense, pois o espectador é o primeiro en "coñecer" as relacións)" [...] "Hitchcock introduce a imaxe-mental no cinema. É dicir: fai da relación o obxecto da imaxe, que non soamente se engade ás imaxes-percepción, acción e afección, senón que as encadra e as transforma" [...] "A imaxe mental non soamentes enmarca ás outras senón que, penetrándoas as transforma. Elo permítenos dicir que Hitchcock completa, consuma todo o cinema levando a imaxe-movemento até o seu limite. Incluindo ao espectador no filme, e ao filme na imaxe mental, Hitchcock consuma o cinema [refirirase ao cinema clásico e a súa imaxe-movemento]". Deleuze, Estudos sobre cinema, 1- A imaxe-movemento.

Truffaut di que entrevistou a Hitchcock "como Edipo consultaba ao Oráculo [...] porque as miñas propias experiencias como realizador de filmes me fixeron apreciar cada vez máis a importancia da súa contribución ao exercicio da posta en escena. Cando se observa atentamente a carreira de Hitchcock, dende os seus filmes mudos ingleses até os seus filmes en cor de Hollywood, atópase a resposta a algunhas das preguntas que todo cineasta debe plantexarse; a primeira e principal é: como expresarse dunha maneira puramente visual?"; O cinema segundo Hitchcock.