Herzog

De Cine y Filosofía

Abanderado xunto a Fassbinder do novo cinema alemán, Herzog replantexa cuestións básicas na forma de rodar os filmes. Autodidacta e cun estilo moi singular, traballa un cinema moi narrativo, moi descriptivo, que se achega constantemente ao documental. El mesmo afirma esta indiscernibilidade entre ficción e realidade. Os seus filmes contan historias de homes que pasan a ocupar un lugar de antiheroes. Porque sucumben ante a situación á que se enfrontan; porque a situación, a sociedade, a vida, o mundo... pode máis que eles. Deconstrúe así a grande narrativa do cinema clásico.

As historias valen por si mesmas, sen necesidade de engadirlle efectos especiais, nin ornamentalas. Se achega así ao cinema-verdade que eleva o documental a ficción. Tamén esta sobriedade a recollerán escolas modernas como o Dogma de Lars Von Trier.

  • O enigma de Kaspar Hauser biografía do rapaz aparecido en Nuremberg que tiña medrado nun sótano sen saber falar, andar, etc. Proceso de socialización máis tamén: as dificultades que isto conleva e o muro que supón a sociedade e mundo para este personaxe que esmorece no seu propósito.
  • Nosferatu, O vampiro O filme discorre con gran sobriedade respecto ao orixinal de Murnau. Nesta adaptación do clásico do expresionismo Herzog fai unha lectura moderna do mesmo, na que os efectos e as tensións tráxicas tenden a suprimirse e nos achegamos moito máis ao personaxe de Nosferatu; a súa cotidianidade, ao seu sofrimento, a súa realidade. Aquí o paso é ao contrario: é a ficción a que resulta ser máis real e cotiá do que parece. Por momentos o filme consigue unha grandiosa e sosegada imaxe-tempo precisamente pola contención do tráxico, dos efectos, e da grandilocuencia da historia que Herzog desencarna constantemente filmando sempre como un pouco máis preto, un pouco máis veraz, un pouco máis sobrio do que quizais se podería.