Griffith

De Cine y Filosofía

O nacemento dunha nación evidentemente trátase dun filme patriótico i en grande medida histórico. Trátase do gran clásico entre os clásicos americanos quen inaugura un novo xeito de narrar, por veces aínda moi achegado á fotografía. Destaca a sutileza i elocuencia coa que pasa dos grandes ou terceiros plan(o)s a primeiros plan(o)s ou plan(o)s medios para narrar por exemplo as batallas. Con todo, este digamos que funcionalismo da cámara, que parte da visión global, será duramente criticado pola oposición soviética de Eisenstein quen lle acusa de esquecer o particular, de non darlle valor á entidade concreta disolvendo o verdadeiro poder do pobo en ideas pouco vencellada á realidade. A loita está servida, e como sabemos será o cinema americano o que en certo xeito se imporá. En todo caso estamos ante un pioneiro do paradigma da imaxe-movemento como cinema, máis concretamente da imaxe-acción na variante da súa gran forma que define o comezo do realismo americano.