Gran forma
De Cine y Filosofía
Esquema xeral no cinema clásico moi correspondente coa imaxe-acción. Segue a estrutura narrativa: situación (S) - acción (A) - situación nova (S'); que escribimos como SAS'. As consecuencias claves deste esquema son:
- 1. prioridade da montaxe para a transmisión dunha idea, e polo tanto, subordinación das partes (secuencias) ao todo do filme.
- 2. canoservación da relación e implicación de causa-efecto como relación predominante e forma principal de sentido.
- 3. indirectamente, a asunción dun heroe arquetípico: racional, coherente, que se sobrepón ás situacións e encauza de novo o curso das cousas.
esta forma está vinculada sobre todo ao realismo americano e vén contraefectuada en primeiro lugar pola pequena forma e o burlesque