García-Berlanga

De Cine y Filosofía

Un dos directores claves do cinema español e quizais nunca o suficientemente recoñecido, desenvolve o cinema español de post-guerra e polo tanto coetáneo ao neorrealismo italiano entre outros. A caracterización da realidade político-social que vive España marca os filmes do director mais sempre misturando o realismo coa ironía e a sátira. Deixa entrever en todo caso un raio de esperanza, algo sobrevive en filmes como Los Jueves Milagro o Calabuch, unha singularidade propia do pais, apesares da súa inxenuidade en moitos casos. Clave é o seu filme Bienvenido Mister Marshall no que non soamentes caracteriza un pais (España) senón unha época e sobre todo unha situación internacional de posguerra que marcará o século XX. Outros filmes son El Verdugo.