Expresionismo alemán

De Cine y Filosofía

Caracterízase por un emprego particular das luces e as sombras. En tanto que dous principios antagónicos da natureza e do todo, positivo e negativo, construcción e destrucción a súa relación é agónica, antagónica, irresolúbel máis que no fin, no absoluto, na disolución, na síntese. Cómpre levar o a(nta)gonismo ata o fin e alén do mesmo, ata o infinito. Alí onde por fin o UNO apodérase do TODO. Certo reflexo do que pasaba e pasará en Europa; a ambición alemana, o seu todo ou nada. A constitución i evolución do cinema pode considerarse en si mesma constitución i evolución dunha conciencia, que ollo! non ten por qué ser reflexo ou mero testigo subordinado ao que pasa na actualidade que lle corresponde. Ata qué punto non hai precisamente unha disonancia, unha crítica, unha clínica do que en cada momento acontece? Ata que punto non nos permite o cinema pensar, e habitar outros plan(o)s de sentido alternativos ao que de facto moitas veces se nos impón ou trata de impoñer? O expresionismo alemán xoga certamente coas forzas máis profundas, máis escuras, máis sinistras, e as contrapón, de plan(o) ás da suoerficie e a luz. Isto non quere dicir que por si mesmo sexa suicida, ou fanático, ou absolutista, (ou nazi...) senón precisamente, amosa tal vez, o que sería a outra forma de tratar con esas forzas, a maneira en que ese trato nos levaría a resultados completamente diferentes.

  • Nosferatu Murnau. As forzas descoñecidas, sinitras, escuras, profundas... toman forma nesa especie de monstro que é o vampiro Nosferatu. Soamente o amor, a vontade e a entrega feminina poden derrocar ao monstro do submundo.
  • Metrópolis Fritz Lang A máquina como loita fatal co ser humano. O dualismo se sintetiza no polo externo. No final. No absoluto.
  • M. El vampiro de Dusseldorf Fritz Lang. Podemos ver a loita entre as forzas da luz e das tebras. O personaxe partido, esquizo, e sobre esa dualidade unha tendencia final que o leva ao sen fondo, ao absoluto, neste caso de destrucción e ocaso. Superación, síntese, victoria sobre a loita. É moi interesante ver cómo esa loita luz - escuridade, recolle tamén a dualidade ben e mal que Lang trata xa como dimensión propiamente humana; o o asasino posúe dentro de si unha sorte de impulso irresistíbel cara o seu crime; ademais o ben e o mal relativízanse neste dimensión humana: cando é xulgado polo tribunal do hampa que non procura a verdade, senón abertamente unha sorte de vinganza na que a moral pasa a depender abertamente da comunidade. Polo menos ata que chega a policía.