Eisenstein

De Cine y Filosofía

A montaxe ten que atender ao particular, que non pode quedar subsumido no plano xeral. Os planos particulares, os primeiros planos, portan unha contradicción, un conflicto de clase que non se pode obviar, nin esteriotipar; como fai o cinema americano de Griffith sobre todo. En O nacemento dunha nación se desdebuxan os conflictos da sociedade, do pobo... que non popde así tomar conciencia. En verz disto, o pobo, a sociedade, perde conciencia. Queda como embebida nun soño, nunha ilusión, a ilusión da nación e do proxecto americano. Que en grande medida será o que despois acontecerá con Hollywood; polo que semella que Eisenstein non estaba tan descamiñado. Contra esta construcción de ilusión e xeralismo das imaxes estereotipadas americanas, o cinema soviético, con Eisestein entre outros, vaise caracterizar pola fidelidade ao particular, non como esteoreotipo, senón como diferencia. A análise, a construcción dialéctica das escenas, a razón da montaxe a través do particular e dos planos medios para conseguir a idea... Todo isto fai do cinema case unha ciencia social; un instrumento de análise e contrastación, de adquisición de conciencia, etc. Fronte a evasión, o soño americano, a ilusión de Hollywood... a escola soviética aporta case o documental. E a través de Vertov por exemplo, este documental influirá con forza en Europa: na nouvelle vague, en Godard, quizais no neorrealismo...

  • Acorazado Potemkim A atención ao conflicto particular: a importancia dialéctica do primeiro plan(o) na montaxe.