Dreyer

De Cine y Filosofía

Peculiar cineasta danés que leva a imaxe cinematográfica a un novo punto relacional. Hai cousas de teatro, hai cousas de Filosofía (Kierkegaard); achégase incluso á imaxe-rostro de Bergman polo emprego recurrente dos primeiros planos e a inmersión intimista na psicoloxía das personaxes. Podemos consideralo como un desenvolvedor da imaxe-cristal: alí onde a imaxe, ainda tendo toda unha serie de referencias espazo-temporales, ben por exceso ben por defecto, se desfai a imaxe destas referencias e queda suspendida no aire, no baleiro, no absoluto. Absoluta fe en Deus, no Deus de Kierkegaard (por dicilo dalgún modo) en Ordet, A palabra. Absoluto amor en Gertrud; alén das liñas de causa-efecto. De feito a imaxe-cristal independízase da secuencia causa-efecto e crea un presente único, un todo do instante do que aparece en pantalla que ainda dentro dunha liña-secuencia do filme máis ampla, por algunha razón, a imaxe, o instante, cobra, adquire, unha independencia e emancipación que tende ao absoluto; que pon á imaxe en contacto co absoluto. No caso de Dreyer poderiamos falar dun tratamento tráxico deste instante; unha imaxe cristal delicada, sofisticada mais lixeira, fráxil, intocábel, insoportábel pola súa lixereza e fuxicidade. É un instante kierkegaardiano. Fronte a isto, o instante de Tarkovski por exemplo, é un instante denso, con espesor, no que prima a duración e a gravidade do absoluto fronte a súa lixeireza e fugacidade. En todo caso, poderiamos dicir que ámbolos dous desenvolven a potencia dunha imaxe-cristal dende ámbitos diferentes. Dende o instante sen espesor (Dreyer) ou dende o instante duración, con espesor, máis dramático que tráxico (Tarkovski). Mais o que une a ámbalas dúas imaxe-cristal é a de ser un reflexo do presente, dun presente en contacto directo co absoluto, unha imaxe insoportábel neste senso, de extremada definición, que se emancipada do Todo da trama a base de concentrarse en si mesma, de cargarse de intensidade. Xa non conta o fóra de campo, dalgunha maneira estes diretores consiguen un todo-dentro-de-campo sen por elo centrar a perspectiva nin deixar de facer cinema.

  • Ordet, A palabra Instante final onde precisamente se corrobora o feito dunha imaxe-cristal moi definida, moi intensa, saturada, e sen embargo lixeira. A lixeireza coa que Johames levanta a Inger, a lixeireza da nena, da súa mirada, da súa confianza. A lixeireza da palabra e do levantar. Tamén o instante: como miragre, como ruptura da lóxica causa-efecto; esa especie de resurrección, que sen embargo, alén do supersticioso ou teolóxico, poderiamos dicir neste senso, que ten unha sublime carga cinematográfica.
  • Gertrud: Lixeireza da imaxe-cristal. Fugacidade, carácter efímero desta imaxe. O insoportábel da apariencia. O pretendiente non é capaz de alcanzar a imaxe: delicada e coidada, sofisticada e sobria; sen embargo se escapa. O tráxico do instante que ainda tendo coordenadas: un pasado e un futuro que até se fai explícito (nos comentarios, nos recordos) a imaxe se emancipa desas coordenadas e as sobrevoa, adquirindo unha intensidade que está alén da súa inserción na secuencia, da lóxica do que cabe esperar situándonos constantemente ante o inesperado.