Dialéctica soviética

De Cine y Filosofía

Fronte ao realismo americano que tende a un funcionalismo ou un prarmatismo para articular as partes no todo, a modo de conxunto orgánico, a escola soviética reclama a particularidade do pobo, do traballador, irreductíbel á unha tipoloxía estándar xeralizada (o estereotipo de Hollywood que subsume o conflicto particular do primeiro plan(o)). O realismo americano amósanos tipos, estereotipos, que anulan a verdadeira potencia do proletariado, do pobo, do traballador. O ser humano, para desenvolver a súa verdadeira potencia, ten que ser amosado nas súas condicións especificas, como elemento superador das hostilidades do medio, máis que nunha simple e enganosa armonía co seu sistema. Si está armonía se consigue é a través da dialéctica, das oposicións individual - colectivo, natureza - artificio, terra - mar...

A escola americana representada sobre todo por Griffith dá por suposto o sistema e impón a súa armonía; agocha o conflicto e non deixa lugar á manifestación da diferenza. Sen chegar a forte loita agónica do expresionismo alemán a dialéctica soviética si que esixe a expresión e manifestación da diferencia segundo diferentes esquemas de montaxe. Será a partir de entón a montaxe decisiva, como xeito de relacionarse co todo expresado no filme.

Sen embargo, Tarkovski sáese desta dialéctica e chega a unha atemporalidade da imaxe que ben o pon en relación coa imaxe-tempo; incluso alén da mesma ao creala e recreala (a imaxe-tempo) bastante ao marxe da súa aparición propiamente técnica e cinematográfica. A atemporalidade de Tarkovski está en relación coa Historia mesma (con maiúsculas), co desenvolvemento da ciencia (Solaris), da relixión e o arte (Andrei Rublei), a guerra e a política (Sacrificio). A súa poética cuestiona o dualismo Este-Oeste e abre unha dimensión intermedia da perspectiva á que soamente se achega, ao seu modo, Bergman.