Corte irracional

De Cine y Filosofía
Revisión del 16:11 17 abr 2019 de Manuel Cebral (discusión | contribuciones)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)

Fronte á conmensurabilidade e o corte racional da imaxe do cinema clásico, no cinema moderno e contemporáneo atopámonos cos cortes irracionais. Estes supoñen unha incomnesurabilidade entre as imaxes entre as que se sitúa incluso unha emancipación do propio corte. Do que se trata é de romper, quebrar... a idea de montaxe como concepto totalizador do filme. Xa non hai unha asociación de imaxes a través da montaxe e mediante cortes racionais dos que bastante se ocuparon os clásicos; dende Griffith a Eisenstein; dende o expresionismo alemán á dialéctica soviética. A través da montaxe se nos daba unha relación, unha noción indirecta do tempo. Co cinema moderno e a irrupción da imaxe-tempo o tempo perde os estribos e xa non podemos referirnos a el mediante unha totalidade que o peche. A aberto é aberto en si, é o propio corte, o propio instante de asociación é fisura, sen subordinación a ningunha totalidade, a ningunha idea xeral, a ningunha montaxe. En vez e encadenamento das imaxes para expresar un movemento (imaxe-movemento) hai unha subordinación do movemento ao tempo da imaxe, ao tempo do corte, que é de por si inconmensurábel e provoca series irracionais en vez de montaxes. O que isto supón é importante: desconstitución ou desestabilización da conciencia como plan(o) ao que van a parar as imaxes, como plan(o) no que se forma unha idea comparábel do filme. Na súa contra, ao non haber totalidade dende a que chegan as imaxes nin á que van... todo é disolvido segundo un afora e un adentro puros: "un afora máis lonxano que calquera mundo exterior e un adentro ou impensábel máis profundo que calquer mundo interior" Deleuze, Estudos sobre cinema. Esta é a visión do cinema que defende Artaud e que se dá no cinema de Resnais entre outros.