Cinema dos corpos

De Cine y Filosofía

O cinema atestigua unha nova forma de pensar o corpo, de relacionarse con el; unha forma que no paradigma supostamente de pensamento anterior, é dicir, no paradigma logocéntrico do libro e de certo tipo de teoría, estaba sempre ao marxe, sempre noutro lugar, sempre como moito referido a través das palabras. Agora, no cinema o corpo está presente. Mais, quen sabe o que pode un corpo?. O cinema dos corpos non trata de substituir o paradigma da palabra por un paradigma físico, estrictamente físico da comunicación. Sería isto posíbel? Sería isto comunicación? O que si que pode facer é amosar síntomas, posto que nunca podemos entrar noutra pel, por moito que se pense que niso consiste a realidade virtual da xeración que vén... Polo tanto; como simpatizar co corpo? Como incluilo no evento da comunicación? Incluso, que comunicación permite e abre o feito de incluri o corpo? O cinema dos corpos vén caracterizado por amosar corpos en potencia, difereidos do seu acto. Corpos antes ou despois do seu acto. En espera ou en fatiga. Abrindo todo un campo potencial dos síntomas que se recollen coa cámara; audio-visualmente. Así, unha respiración de fatiga, ou ben, corpos dobrados, agardando, apoiados contra unha parede, corpos fumando, corpos ebrios... todos síntomas de potencialidades non estrictamente actuais polas que o texto, as palabras, o logocentrismo vese continuamente modificado, afectado, e digamos que o que se di, pode dicir sempre outra cousa en relación aos corpos, que se o lésemos sen máis no paradigma do libro. Destacan como cineastas do corpo: Antonioni, Godard e en xeral a nouvelle vague como cinema das actitudes e as posturas.

""Dádeme un corpo": esta é a fórmula da inversión filosófica. O corpo xa non é un obstáculo que separa ao pensamento de si mesmo, o que este debe superar para conseguir pensar. Pola contra, é aquelo no cal o pensamento se sumerxe ou debe sumerxirse, para acadar o impensado, é dicir, a vida. Non é que o corpo pense, senón que, obstinado, terco, el forza a pensar, e forza a pensar o que se escapa ao pensamento, a vida" Deleuze, Estudos sobre cinema, A imaxe-tempo.