Cinema cerebro

De Cine y Filosofía

Destacamos Kubrick e Resnais para caracterizar o que pasa no cinema cerebro. Quizais tamén poderiamos incluir os bosquexos de Artaud e as súas propostas para escena.

Basicamente: o pensamento queda nestes filmes acorralado; técese a rede do insoportábel para pensar e concibir o Todo como nunca dado, a inestabilidade como sistema. Hai polo tanto alusións aos sistemas (sobre todo en Kubrick): mais sempre para ver de qué xeito estes quebran, ou colapsan.

O cerebro como rede, composta de puntos sinápticos, que centellean máis que nada a través da disonancia, ou da diverxencia, isto é, nun espacio descentrado, baleiro, fracturado; na inmensidade do espacio (2001 onde destaca tamén o cambio dimensional da pantalla súbito: de terra-primitiva a cosmos baleiro-tecnolóxico), no delirio das composicións de Van Gogh (Resnais), entre as súas teas.

Paradoxalmente o cinema-cerebro ten unha forte repercusión no físico, un enorme impacto. De feito, a violencia física destará en case todas (por non dicer todas) as producións de Kubrick (o impacto!: A laranxa mecánica, O resplandor...). Tamén está presenta esa violencia no propio Van Gogh, que se corta unha orella. Artaud, pola súa parte, non deixaba de falar do macabro, do sangue, do teatro da crueldade, nun sentido metafísico. Da grieta e do im-pensado (Heidegger) que acontece en todo pensamento.