Cinema-ollo

De Cine y Filosofía

Trátase do cinema que Vertov e cineastas (cámaras, músicos, etc.) cercanos a el desenvolveron xa antes do segundo periodo do cinema (2º guerra mundial; cinema moderno). Deste xeito estamos ante un movemento pioneiro que xorde na etapa propiamente clásica, mais que sobrepasa xa en grande medida a idea de montaxe. Para Vertov non hai secuencia de montaxe, todo pode ir con todo, o caso é que os fragmentos sumen, ata tal punto, que chegado un momento se forme un todo. Baixo noso punto de vista, é ista unha concepción moi contemporánea da montaxe, incluso diriamos que moi cuántica-molecular... O punto de partida deste cinema-ollo é para Vertov un tipo de gravación moi cercana ao documental: sen actores, sen guión, sen escenarios, sen representación... É en grande medida o que fará despois o cinema-verdade ou xente como a de Dogma. Verdadeiramente o filme vaise facendo segundo o que se vai conseguindo, sen grandes pre-determinacións, en contacto digamos que directo, co tempo e co acontecer. Fóra por tanto da representación, mais a través dos efectos e dos xogos da montaxe, fóra tamén da obxectividade. Agora ben: esta montaxe tampouco chega a ser predeterminante, nin chega a mediatizar o directo e a inmediatez das imaxes respecto a unha idea (véxase Eisenstein ou dialéctica soviética) senón que (i esto é o sorprendente) sobrevive o tempo en si mesmo, podemos dicer que sen subordinación, pois a montaxe non engade senón dramatismo, forza, poesía, pon un aquel de suxestión onde senón soamente habería... cinta.