Centro de in-determinación

De Cine y Filosofía

Ou imaxe acentrada, a perspectiva cinematográfica caracterízase por renunciar por principio a unha perspectiva absoluta ou total do acontecemento, do mundo, do seu estado de cousas. Por principio a imaxe cinematográfica, xa na súa imaxe-movemento propón unha posición descentrada e digamos que parcial do que acontece, e ademais non pode ser doutro modo. O movemento como tal non se pode dar se partimos dunha visión absoluta, non rexistrariamos así verdadeiro movemento, non na súa plenitude. A perspectiva, o todo aberto e cambiante, inesgotábel na imaxe, son as craves do paradigma cinematográfico que poden darnos moito qué pensar respecto aos nosos paradigmas cognitivos. Bergson é seguramente o filósofo que mellor descrebe este novo paradigma do movemento.

Por exemplo comparemos a imaxe en movemento do mandala que é concéntrica e incluso, alén diso, non renuncia ao todo, non deixa fóra de plan(o); coa imaxe do cinema-abstracto (por exemplo Diagonal Symphonie de Eggeling ou Rhythmus 23 de Richter) que amosando tamén soamente figuras en movemento crea precisamente iso: movemento como variación parcial ou perspectivada a respeito do suposto Todo.