Bresson

De Cine y Filosofía

Bresson practica un cinema peculiar e altamente fino. A contención da cámara e da acción; o desgarramento ao respecto do teatro. O que ten claro Bresson é que o cinema non pode ser teatro. Nin o que se ve é o mesmo, nin os actores se comportan do mesmo modo. No teatro os acgores van de dentro afora: queren amosar o seu sentimento, a súa expresión, tenden a esaxerar. No cinema ao revés, Bresson quere actores non-profesionais; que el chama modelos. Estes modelos teñen que aprender a volverse cara adentro, a minimizar xestos e expresións. A estar case baleiros de ánimo e intención. Baleirar a intención; o estanque, di Bresson, para recoller os peixes. É que no cinema de Bresson hai moito minimalismo. O cal é certa contradicción: hai moito - minimalismo. Ou ben podemos dicir: menos é mías. Iso é algo que Bresson ten claro, e que pon en práctica. Apenas hai músicas ou elementos que suban a intensidade das escenas. As escenas e as intensidades van medrando; a partir do propio devir do filme. Facendo tensión e suspense sobre o mesmo. O espectador ten que adivinar. Neste senso parécese moito a Hitchcock. Dar os rasgos necesarios, non máis. Deixar intuir, o que non se ve. Que nos queden gañas de ver. Neste senso, Bresson fainos confabular coa imaxe (como diremos ao respeito do cinema-verdade aínda que noutra liña).

O seu método é inquietante. Para moitos frustrante. Debido a súa contínua contención. Mais para outros logra así un método trascendental. Bresson o chama o método do cinematógrafo. sobre elo escribe unhas notas ao final da súa vida. Nel trata de explicar(se) en qué consistirá o cinema que vén. Fai falta este cinema. E o peor é que o espectador está acostumbrado ao contrario; se lle acostuma ao contrario. A ver como no teatro. A quedarse na imaxe-acción.

En certa medida a contención de Bresson pode porse en relación coa imaxe-tempo. En todo caso, para quen así non o queira, non se pode negar que hai algo en común. continuamente a acción estase a postergar en Bresson, non se acada, ata que desborda, na morte, nun final disolvente. Nesta contención, os obxectos, os detalles pasan a ser os signos, as marcas do acontecemento, xa non a acción.

En 1975 publica Notas sobre o cinematógrafo: Dous tipos de filmes: os que empregan os medios do teatro (actores, posta en escena, etc.) e se serven da cámara para reproducir; os que empregan os medios do cinematógrafo e se serven da cámara para crear" ed. Gallimard.

  • Un condenado a morte se fuga (1956). Estamos acostumados a reproducción do Espectáculo na pantalla; mais para Bresson o espectáculo precisa da presencia directa dos corpos. O cinema é outra cousa. Por iso tamén estamos acostumados á imaxe-acción e a que aconteza algo no filme. Sen embargo, en Bresson non acontece propiamente algo no sentido habitual do acontecer. Polo menos diremos que non acontece algo como sorpresa e espectáculo. Dende o principio deste filme o condenado quérese escapar do cárcere, da súa condena. E pouco a pouco vai labrando o seu plan de fuga. Cada vez máis sutilmente, con máis detalle, sempre con contención e cautela, a tensión vaise acumulando, até o final mesmo segue o problema, a derivada infinitesmal na que pode errar (ou na que o erro daría ao traste igualmente todo o proceso). E ao final, sinxelamente, consigue escaparse, fuxir. Sen máis. Non hai outra cousa que perturbe o acontecer do filme. A cámara é como o testigo desta historia na que viaxamos. Nun continuum se contén. Até que estoupa en si mesma. Polas propias intensidades que dende un principio a acompañaban. Mais non por cousas alleas que se engadan á historia.