Bergman

De Cine y Filosofía

Case inaugura a imaxe-mental ou imaxe-tempo a través dos rostros e os primeiros plan(o)s tan decisivos na súa obra: o que poderiamos chamar a imaxe-rostro. Como sabemos rostros e primeiros plan(o)s conforman a chamada imaxe-afección onde propiamente se expresa o in-efectuábel nas accións mesmas. Desta maneira o rostro ou primeiro plan(o) ten unha relación directa co todo do filme, coa súa idea, e na medida na que se leva a atención ao mesmo, prescindimos da imaxe-acción como tal e tendemos a relacionarnos directamente, proporcionamos unha imaxe-mental. Bergman está moi preto de filmar xa o pensamento mesmo. Os seus filmes son practicamente o desenvolvemento destes, e non outra cousa.

  • Persona 2 A grieta interior á beleza; no interior dun mesmo, no interior da máscara, a grieta da personalidade, o enigma do rostro. A crise do pensamento mais tamén a súa potencia ao abrirse a súa fractura. Crise de Europa. Que pasa en Europa?
  • La hora del lobo: incríbel filme de Bergman cunha intensidade sobrenatural, extraterrestre. Paisaxes desertas, narracións indirectas sobre un estraño presente da imaxe. Chegamos a confundir efectivamente e a pechar un circuito entre o onírico e o real. O cinema e a pantalla elévanse así a recreación imaxinaria da psique onde xa non cabe distinguir, onde se indistingue a súa produción fantasmagórica e psicótica da súa percepción de facto das cousas, do real, do acontecemento. Sobre este filme nótase que algúns xa beberon dabondo. Entre eles, Lars Von Trier no seu filme recente Anticristo retrata igualmente ese inferno da parella aislada; ao tempo que o seu profundo amor, misturado coas neurosis de cada quen, que están alén da parella e que se efectúan noutro plano e con outra efectividade. Incluso a imaxe do neno afogando no filme de Bergman como trauma do protagonista coincide directamente co accidente do fillo da parella en Anticristo. O estraño é que Von Trier adique o seu filme a Tarkovski sen embargo.
  • O Rostro Ciencia vs. Maxia. O teatro e a ficción como potencia do real. Neste filme Bergman sae un pouco da súa temática. Corpo & ciencia. Rostro & corpo. O terror do irracional e a micropresencia do rostro como pánico insoportábel. Emoción fría. Máquina Rostro e o seu buraco negro devorando as consistencias cotiás da razón. trailer.

"Bergman levou até o seu límite o nihilismo do rostro, é dicir, a súa relación no medo co baleiro e a ausencia, o medo do rostro fronte a súa nada. En toda unha parte da súa obra Bergman alcanza o límite supremo da imaxe-afección, queimando o icono, consumindo e extinguindo o rostro coa mesma contundencia que Beckett" Deleuze, Estudos sobre cinema, A imaxe-movemento.