Audio-visual

De Cine y Filosofía

Marca a escisión do cinema como Espectáculo, fractura a súa unidade representativa. O devir audio-visual do cinema significa: afirmar a separación das compoñentes ópticas e sonoras na imaxe fílmica. Nin a imaxe está feita para o son nin o son para a imaxe; ambos independentes (algo así como un video-clip musical...). O que se narra, o que se di, sinala desta maneira a un imposíbel de filmar; do mesmo xeito que o que se ve é un baleiro que non fai senón enterrar o propio acto de fala. E así sucesivamente, imaxe e son, na súa separación, fan bucle ad infinitum. Semella que non están feitos o un para o outro, que seguen liñas independentes, diverxentes. Sen embargo, na afirmación desa diverxencia/diferencia e a través da distancia que as separa, hai unha sorte de vínculo, resonancia non cifrada, non codificada nin codificábel que dá o valor pleno á obra e/ou o conxunto. Incluso, por veces ese vínculo ou resonancia faise explícito, ou directo, ou digamos que totalmente consoante. Entón danse pequenas articulacións (absolutas?) da súa diferencia.

A concepción audiovisual da imaxe achégase máis a forma da mostraxe que a da montaxe pois os signos ópticos e sonoros ao non referirse a unha trama, a unha imaxe-acción, nin representar unha idea, mostran máis que montan unha idea ou un Todo...

  • Tamén o contemporáneo Benning en cintas como Utopía desenvolve quizais xa moito máis explícita e radicalmente un tratamento audio-visual.