Antonioni

De Cine y Filosofía

Trata de madurar ou darlle unha forma máis acabada e se cabe independente (ou non tan histórica) ao neorrealismo. Un aspecto máis estético; menos social. Digamos que colle os efectos de cámara, os efectos narrativos e os emprega por si mesmos, en situacións novas, contemporáneas, mais non tan reivindicativas nin comprometidas como outros neorrealistas. Isto quizais o achega bastante á nouvelle vague. Mais sempre nun ambiente tenue, o pensiero débole de Vattimo, fronte a tensión entre luz e sombra do expresionismo alemán, por exemplo, Antonioni opta por unha difusión da luz no medio, sen contrastes fortes, nun continuum intensivo que carga a secuencia máis que dividila e/ou fragmentala. Por iso tamén a idea de montaxe se perde, xa non hai partes discerníbeis que constrúan un toto senón máis ben un ambiente, unha atmósfera que se intensifica, que se carga, etc.

  • O eclipse Tamén podemos dicir que trata máis os espacios que os rostros, por exemplo. Iso si: espacio baleiros nos que en grande medida non acontece nada; ou o que acontece é un tempo. Crise da imaxe-acción e xordimento, aparición da imaxe-tempo.
  • Blow up Trata en certa medida o meta-cinema a través da fotografía. A perspectiva, a estética, a ausencia dos valores íntegros dun protagonista, o acontecemento transversal ás tramas que o suxeitan... Este filme o achega ainda máis a nouvelle vague. O fotógrafo se sitúa sempre na perspectiva proibida; o cal será un dos lemas de Godard e compañía... Tamén no tratamento das posturas Antonioni realiza un cinema dos corpos.